Resumo das III Xornadas de Desenvolvemento Local en Espazos Rurais

Os proxectos de participación social centraron a primeira sesión das “III Xornadas de Desenvolvemento Local en Espazos Rurais”
As inquedanzas, problemas e necesidades dos colectivos de xóvenes, mulleres e maiores, foron obxecto dunha profunda reflexión ó longo da primeira sesión destas xornadas organizadas pola Asociación EuroEume. Aproximadamente 200 persoas tomaron parte neste primeiro acto das xornadas, que foron inauguradas pola Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade, Marta González Vázquez, polo Alcalde de As Pontes, Víctor Guerreiro Pena, e polo presidente da Asociación EuroEume, Xosé Castro Romero.


xornadas03.jpg

O primeiro acto das xornadas convocou, ademais das persoas inscritas nas xornadas, a uns 100 rapaces procedentes de todo o territorio e de zonas próximas como Narón, Valdoviño, etc , que o longo do ano participaron en Eumexove, programa desenvolto conxuntamente por EuroEume e a Asociación Briante. A actividade consistiu na celebración duns talleres nos que os rapaces e as persoas inscritas priorizaron as necesidades do territorio no referente a 5 sectores: Ocio e Turismo; Agricultura, Gandeiría e Silvicultura; Medio Ambiente; Construcción e Infraestructuras; e Servicios ás persoas e as Familias. Posteriormente, nestes talleres propuxéronse posibles proxectos de cara a solventar as carencias detectadas en cada sector, e as posibles vías de interrelacionar os diferentes sectores.
xornadas01.jpg

Así, no taller de MEDIO NATURAL, propúxose por exemplo á recuperación dos antiguos camiños, así como de mantelos limpos e utilizables. Esta idea uniuse coa do taller de OCIO e TURISMO da explotación do “Turismo Itinerante”, que a través de rotas históricas, como pode ser o “Camiño dos Arrieiros”, da creación dunha rede hosteleira paralela a dito camiño, e paralelamente coa rehabiliatación de monumentos, e a recuperación de lendas e tradicións, poderían dar un impulso, e crear desenvolvemento sostible no total do territorio. No taller de “Agricultura, Gandeiría e silvicultura” os participantes propuxeron a creación dunha cooperativa de 2º grao que, ademais de promover a agricultura ecolóxica, hortofrutícola e todalas formas de agricultura familiar de autoabastecemento, traballe a cuestión da limpeza dos montes, e á comercialización da madeira. A proposta en concreto, suxire agrupar ó pequenos productores para así aumentar o seu poder negociador cos empresarios do sector da madeira.
xornadas02.jpg

xornadas04.jpg

xornadas05.jpg

No referente ó taller de “Construcción e Infraestructuras”, as proposicións xiraban en torno á constitución dunha cooperativaadicada á rehabilitación das vivenda do eido rural, e á reforma das vivendas dos colectivbos mais desfavorecidos, como poden ser os de maiores, viuvas,…, coa participación no capital municipal e dos fondos do Leader + nestas cooperativas. Tamén manifestouse a preocupación polo lamentable nivel que presentas as infraestructuras dos concellos mais rurais, tanto no refernte ás comunicacións por estrada, como a rede eléctrica, a telefonía, e ó acceso a Internet, prácticamente unha utopía en varios dos concellos do territorio que abrangue EuroEume.
Na sesión de Tarde, Javier Robles, técnico do Grupo de Desarrollo Rural Serranía de Ronda, presentou o taller “Develandoelgenero”, unha experiencia da Aula itinerante de género que levaron á práctica na Provincia de Malaga. Esta experiencia, promove a coordinación e cooperación entre asociacións de desenvolvemento rural, institucións municipais, provinciais e autonómicas, e universidade, de cara á incorporación da perspectiva de equidade de xénero nos programas de desenvolvemento local, con miras á reducción das desigualdades existentes entre xénero. Con frases como “Hay que desconstruir este sistema de “muerte” que tenemos”, Javier Robles deixou claro que o camiño cara a equidade empeza por “Desaprender” todolos conceptos que promoven esa falta de equidade entre xéneros. O taller supuxo unha continuación das tarefas desenvoltas por EuroEume en conxunto coas asociacións de mulleres do territorio ó longo de todo o ano, de cara a facer unha formulación dos problemas e necesidades que ten este colectivo de cara a acadar a equidade de oportunidades.
A sesión finalizou coa presentación das conclusións do “Programa Maiores”. A Asociación EuroEume, conxuntamente cos seus socios neste programa transnacional: SC Lamoro (Italia), Mundos Vida (Portugal), e Concello de Allariz, presentou as conclusións deste programa que procura mellorar a participación dos maiores na vida activa da sociedade. As conclusións referíronse básicamente ós logros acadados neste primeiro ano, se ben todlos grupos deixaron patente que este proxecto non pode rematar aquí, senón que é preciso insistir no aproveitamento dos coñecementos dos maiores, e fomentar a súa participación na vida social. Os catro grupos remarcaron o importante e enriquecedor que foi a participación de grupos de diferentes paises neste programa enmarcado dentro do PROXECTO COMUNITARIO ENEA.
José Antonio Santiso destaca os criterios aplicados por EuroEume no eido Desenvolvemento Rural
O Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, clausurou onte as “III Xornadas de Desenvolvemento Local en Espazos Rurais”, celebradas en As Pontes este fin de semana. O conselleiro salientou a importancia do traballo desenvolto pola Asociación EuroEume nestes últimos anos no marco do desenvolvemento do seu territorio, e destacou os criterios cos que se rixe o grupo.
Estas xornadas serviron para dar a coñecer os diferentes proxectos que esta Asociación está a promover, e para debatir cos participantes nas xornadas que tipo de desenvolvemento precisa a poboación do territorio de actuación da mesma, composto polos Concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.
A xornada do sábado comezou cunha mesa redonda na que representantes dos cinco concellos con terreos afectados polas “Fragas do Eume”, o presidente da asociación de propietarios afectados polas Fragas, o presidente da Asociación EuroEume e o Subdirector Xeral de Conservación da Natureza, debatiron o presente e alternativas de futuro que presentan as “Fragas do Eume”. As diferencias de opinión e os intereses encontrados que provoca este Parque Natural xurdiron unha vez mais, se ben os participantes coincidiron na importancia de realizar un Plan Regulador de Uso e Xestión que unifique uns criterios o mais obxectivos posibles, e que non resulten tan problemáticos para os propietarios de terreos nas fragas.
A Asociación EuroEume deu a coñecer a recente concesión das “Cartas Europeas de Turismo Sostible” a cinco parques naturais españois, otorgadas por EUROPARK, institución comunitaria que agrupa os Parques Naturais de Europa, e a posibilidade de preparar unha candidatura das “Fragas do Eume” dunha maneira conxunta e consensuada con tódolos afectados polas mesmas. Esta candidatura implicaría un Plan de Xestión que permitise manter as condicións de conservación do parque que pretende a Administración Autonómica, e un desenvolvemento sostible do territorio coas “Fragas do Eume” como motor.
A sesión de maña completouse cunha charla coloquio sobre a importacia do Patrimonio da Memoria Histórica. Nesta charla presentouse o traballo que se está a realizar no eido da recuperación da memoria oral do territorio, así como outros aspectos que EuroEume considera fundamentais, o de coñecer o pasado, para poder abordar os retos do futuro. Posteriormente presentouse a experiencia do Centro de Iniciuativas Turísticas Eumeturismo, que é a asociación nacida para promocionar e comercializar os recursos turísticos do territorio.
Unha vez satisfeito o apetito, na xornada da tarde falouse de cuestións agroalimentarias. Nun primeiro inter os “Grupos de Consumo” que están a funcionar en Galicia debatiron con productores ecolóxicos do territorio, a posiblidade que estes grupos plantexan dentro do sector agroalimentario. Estes grupos de consumo, que se basean na proximidade entre os productores e os consumidores, defenderon a necesidade de consumir productos de calidade, e a importancia da creación de canles curtas que dignifiquen o traballo dos labregos e que faciliten que a maioría do prezo pagado polos alimentos sexa para os productores.
As xornadas remataron coa presentación das actividades da Agrupación Agroalimentaria do Eume, organismo formado por productores, sindicatos e cooperativas de productores. Esta Agrupación está a traballar en dúas liñas. Polo liña da Ofeerta traballa na procura de mellorar as calidades dos productos, de chegar á sistemas de producción integrada que eliminen o máximo de productos fitosanitarios agresivos, e na mellora da productividade das explotacións a través da diversificación de actividades e da transformación dos seus productos. Polo lado da Demanda búscase crear catro vías de comercialización dos productos locais: A creación dun “Grupo de Consumo”, a organización dunha rede de establecementos distribuidores dos seus productos, e da creación dunha marca de garantía que agrupe os diferentes productos de calidade do territorio.
O punto e final a estas xornadas o puxeron o Consellerio de Política Agroalimentaria, José Antonio Santiso, o Alcalde de As Pontes, Víctor Guerreiro, que acompañaron a Xosé Castro, Presidente de EuroEume no acto de clausura.

También podría gustarte
Comentarios