Amigus
As Pontes

REXIONAL PREFERENTE. SANTABALLÉS 0 AS PONTES 4

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Duelo de rivalidade o vivido hoxe entre o As Pontes e un Santaballés plagado de ponteses. O As Pontes puido adiantarse tras ocasións de Alex (4´) e Álvaro (25´), pero foi no 33´ cando tras unha xogada por banda, Iván González centra e Dani Prieto no seu intento de despexar acaba metendo o balón na súa portería. Antes do descanso aínda puido ampliar o marcador Parada (39´), pero despois de regatear a Manu, tropezou e acabou no chan. Pero resarciuse Parada nada máis comezar o segundo tempo cando marca tras pase de Álvaro (47´). O propio Álvaro encargouse de sentenciar o encontro pouco despois tras un gran lanzamento de falta (59´). Puido recurtar distancias o Santaballés tras un tiro de falta do pontés Pellón que se vai ó longueiro (64´). Xa no 74´ Álvaro lanza ó poste e Parada esta moi listo para coller o rexeite e marcar o 0-4 definitivo a pesar de que Suso Peña tivo unha gran ocasión no 77´. Gran xornada para os azuis pois suman tres puntos mentres os seus grandes rivais Dorneda e Betanzos perderon, co cal a cabeza apretase, Dorneda suma 54, Mesón do Bento 51, Betanzos 50 e As Pontes 47, pero cun partido menos, o que xogará este mércores día 10 co antepenultimo clasificado, o Sporting Sada. De conseguir a victoria colocariase a 4 puntos do líder con 15 xornadas aínda por disputar.
futbol_01.jpg


0 SANTABALLÉS. Manu, Santi (Chechu 45´), Víctor López, Miguel Cazás, Dani Prieto, Oli (Santi Rouco 75´), Víctor Iglesias (Pellón 57´) , Jose, Ferreiro, Púas, Cazás (Ángel Cazás 57´).
4 AS PONTES. Kiko, Esmorís, Jorge, Chote, Manel, Dani, Jorge Parada, Iván González (Carba 79´), Alex Díaz (Pablo 65´), Bossa (Alonso 77´), Álvaro (Suso Peña 75´).
Árbitro: Soto Barilach (Vigo). Amonestou a Bossa, Ferreiro, Víctor, Alex Díaz, Ángel e Pellón.
Campo e incidencias: Campo de A Liga. Uns 300 espectadores, a gran maioría de As Pontes.
Goles: 0-1, minuto 33, Dani Prieto (propia porta). 0-2, minuto 47, Jorge Parada. 0-3, minuto 59, Álvaro. 0-4, minuto 74, Jorge Parada.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios