RIBADEUME HOMENAXEU Ó EX–REITOR DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, SENÉN BARRO

O ata hai uns días reitor da universidade de Santiago de Compostela, o pontés Senén Barro Ameneiro, recibiu este pasado sábado unha homenaxe na súa parroquia natal de Ribadeume, acto que estivo organizado polas asociacións de veciños Painceiras e a de caza do Medio Eume das parroquias pontesas de Ribadeume e Bermui, que, como dixo unha lugareña, é un lugar “onde hai boa xente e boa terra”.
A quenda de intervencións comezou por Vicente Fraga, en representación das asociacións Painceiras e Medio Eume, quen loubou a figura de Senén Barro. A continuación interviu a concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, quen fixo un repaso á infancia e xuventude do homenaxeado nos seus anos nas Pontes. O alcalde pontés, Valentín González, na súa breve alocución salientou que “xente traballadora como Senén son as que alcanzan as metas e serven de exemplo”.
homenaxe_senen_barro_01.jpg


Senén Barro, que estivo acompañado da súa dona e fillos, comezou a súa intervención dicindo que “ningún premio ou homenaxe ata agora foi tan importante para min coma este” e noutro intre salientou que “os recoñecementos valen o valor que lles dá quen os entrega e quen os recibe, que é moito”.
O ex-reitor, que estivo arroupado pola súa familia, amigos e veciños da infancia amosou estar moi ledo de volver ó seu terruño e de recibir esta homenaxe. Segundo el, agora volta ás clases e á súa catedra na universidade de Santiago despois de oito anos de dedicación exclusiva á reitoría.
Logo deste acto, máis de seiscentas persoas asistiron á celebración da cuarta edición da Festa da Caza, organizada pola asociación de cazadores do Medio Eume.
Ribadeume, 29 de Maio de 2010 (AF)
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
homenaxe_senen_barro_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios