Amigus
As Pontes

Rochela, Balón de Ouro do Marca

O futbolista pontés David Rochela ven de conseguir hai uns minutos o Balón de Ouro do Marca, e non so iso, senón que tamén foi o máis votado de todos os 33 finalistas. Na demarcación de Defensa Central Dereito Rochela conseguiu o 75% dos votos, Manuel Castellano “Lillo”, 14% e César Ortiz, 11%


O 11 de Ouro definitivo do Marca está formado por Sergio Asenjo (Valladolid 1989); Víctor Díaz (Sevilla 1988), David Rochela (Deportivo 1990), Jon Gaztañaga (Real Sociedad 1991), Roberto Canella (Sporting Gijón 1988); Sergi Busquets (Barcelona 1988), Ximo Forner (Valencia 1990), Joan Angel Román (Espanyol 1993), Diego Capel (Sevilla 1988) ; Juan Mata (Valencia 1988) e Bojan Krkic (Barcelona 1990).
Estes 11 futbolistas serán premiados o día 1 de Xuño no Santiago Bernabeu, xunto ós gañadores do Fútbol Draft. Polo tanto Rochela será doblemente premiado, pois ó Balón de Ouro do Marca hai que sumarlle o Balón de Plata do Fútbol Draft conseguido a semana pasada. Outro futbolista pontés, Adrián López, tamén fixo o doblete o ano pasado, no seu caso, doblete de ouro.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios