Amigus
As Pontes

ROMARÍA DA PENA DE FRANCIA

A aldea de Solloso, na parroquia do Freixo, viviu un ano máis a súa tradicional romaría da Nosa Señora da Pena de Francia, unha das máis antigas da comarca que ten lugar nun santuario que data de 1665.
Máis de medio milleiro de romeiros achegáronse ata a fermosa carballeira situada ó pé do rego de Solloso, onde se atopa esta antiga capela, para honrar e festexar á súa patroa, a Virxe da Pena de Francia. Os dous días houbo foguetes, actos litúrxicos e música a cargo da charanga de Mondoñedo, Manca na Cheda, os Feroces da Galgueira e as orquestras Pasatempo e Alma Latina.
pena_de_francia_0001.jpg


O SANTUARIO DA PENA DE FRANCIA DO FREIXO
Segundo os datos do arquivo da diocese de Mondoñedo e no da parroquia do Freixo, este santuario foi construído no ano 1665 polos condes de Montenegro, Fernando Sanjurjo Montenegro e Florencia de Estua y Miranda, que vivían no pazo de Pude da parroquia de San Simón da Costa (Vilalba), e sendo cura da parroquia do Freixo –unha das máis importantes do territorio- o irmán do conde, Antonio Sanjurjo Montenegro.
A capela está en bo estado, sendo reformada a mediados do século pasado, conservando o seu antigo pórtico da entrada e a espadana. Ten un sinxelo retablo e catro imaxes.
O feito de levar o nome de Pena de Francia ven da devoción que sentía a condesa de Montenegro pola virxe de “Peña de Francia” do santuario do mesmo nome, situado ó sur da provincia de Salamanca, preto da bonita vila de La Alberca. Este santuario ten a súa orixe na chegada a esta zona, no século XI, de traballadores franceses, o que ocasionou que paraxes, montes e ríos levasen o nome de “Francia” (Peña de Francia, Sierra de Francia, Nava de Francia,…), e incluso algúns apelidos franceses perduran na actualidade. O documento máis antigo que fai referencia a este suceso data de 1293.
A invasión árabe obrigou ós habitantes desta comarca a refuxiarse nas montañas levando consigo as súas modestas pertenzas e as imaxes dos seus santos. Pasaron os séculos e no XV foron achadas naquel lugar catro imaxes, a da Virxe, a de Santiago, a de San Andrés e a do Santo Cristo. Construíuse o santuario que levaría o nome de “Virgen de Peña de Francia”, o cal na actualidade é moi visitado por devotos e curiosos.
Tamén apareceu unha lenda moi comentada, segundo a cal a Virxe aparecéuselle a un estudante francés que impulsoulle a procura da súa imaxe agochada en terras de occidente, nunha cova, coa promesa de construír alí unha igrexa. O mozo, chamado Simon Rolan, veu de peregrinación a Santiago e no regreso ó seu país achegouse ata a “Peña de Francia” onde achou a imaxe da virxe. Adicouse a ela e no alto da montaña, situado a 1.753 metros de altitude, construíu unha capela, que no século XV foi substituída por outra máis ampla e un cenobio.
A Nosa Señora da Pena de Francia tamén se venera en Galicia nos concellos de Dozón e A Cañiza. No territorio español hai santuarios na cidade de Zamora, na localidade salmantina de El Cabaco (o máis visitado) e San Cruz de Tenerife. En Portugal, hai ermidas nas illas de Porto Santo e Sâo Miguel (Azores); en Brasil, en Sao Paulo, Resende Costa (Minas Gerais) e Río de Xaneiro e na antiga colonia portuguesa de Macau (China).
A PARROQUIA DO FREIXO
A parroquia de San Xoán do Freixo é a segunda máis extensa do concello, con 40 km2, pero escasamente poboada, 104 veciños que viven nos 28 lugares e aldeas habitados dun total de 51 con que conta a parroquia. Sucadío é a que conta con máis habitantes censados, 20, despois están Merlán (10), Freixo-Igrexa (7), Sangoñedo (7), Torrillón (7), O Chao (6), A Da (5) e A Cabana (5).
Antano era a parroquia máis extensa ó incluír a actual de Somede e incluso chegou a ter máis poboación que a de Santa María de As Pontes (no ano 1843 contaba con 343 veciños e 1.706 habitantes), de aí que no lugar de Sucadío do Medio existise unha dependencia municipal para atender ós veciños e cobrar os impostos, feito que fixo pensar que noutro tempo o Freixo era concello propio. As aldeas da Casanova e Niño do Azor pasaron á parroquia de Ambosores a finais do século XIX, unha parroquia que comprende aldeas e lugares de catro concellos, As Pontes, Mañón, Ourol e Muras.
A serra da Faladoira ocupa gran parte do seu territorio, con cumes que superan os seiscentos metros, entre os que están O Pico (685 m), Tras da Serra (676 m) e A Veiga da Nata (665 m). O rego de Tras da Serra, cos seus afluentes do Batán, Solloso e Sucadio regan a parte oriental e ó xuntarse forman o río Sor. No oeste están os da Caseta e Merlán.
Ten un importante templo parroquial, que conta cun adro cuberto e entrada lateral. Enfronte da igrexa hai un cruceiro construído no ano 1899 e ó lado da antiga escola (hoxe centro social da parroquia) outro de estilo románico erixido en 1793.
Un dos santuarios máis importantes e visitados do concello das Pontes é precisamente o da Nosa Señora da Pena de Francia, situado á beira do rego de Solloso e preto do lugar do mesmo nome, que foi construído no ano 1665 polos condes de Montenegro, que vivían no pazo de Pude de San Simón da Costa (Vilalba), dada a devoción da dona do conde ó santuario salmantino do mesmo nome, e sendo cura do Freixo un irmán de dito conde. Un santuario que incluso tivo ata o século XIX un capelán, mordomos e bens propios. Outras capelas son a da Inmaculada de Merlán e a de Santo Tomé, construídas no século XVIII por un terratenente do condado de Ortigueira.
Por esta parroquia andou o célebre e lendario bandoleiro galego Mamed Casanova “Toribio”, nado nas Grañas do Sor. Un persoeiro que contou co apoio e a admiración das clases populares e que a garda civil, ante a súa impotencia para apresalo, tivo que recorrer ó engano e traizón do párroco do Freixo alá polo ano 1902. Mamed Casanova foi unha figura verdadeiramente clásica e lendaria. Cantáronlle cegos e copleiros e as clases humildes sentiron por el e pola súa valentía unha admiración sen límites. Tamén foi obxecto de estudo por parte dos escritores galegos da época, como Emilia Pardo Bazán, Valle Inclán.
O Freixo, 5 de Setembro de 2010 (AF)
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
pena de francia
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios