ROUPAR DE ABAIXO CELEBROU O SANTO ESTEVO

Esta fin de semana o barrio de Abaixo da veciña parroquia xermadesa de Roupar, preto das Pontes, celebrou o seu patrón, Santo Estevo, festa que se conmemora neste popular barrio rouparés dende hai moitos anos.
Os festexos comezaron ó solpor do venres coa celebración dunha nova edición da “Festa dos Callos”. A festa continuou cunha verbena a cargo do grupo Merixel e a orquestra Xente Nova. O sábado, logo da misa e procesión, a sesión vermú estivo amenizada por Xente Nova, que tamén actuou na verbena xunto ó Trío Lembranza. Os festexos remataron o domingo coa misa, procesión e sesión de vermú a cargo de Lembranza.
Pola tarde disputouse no Campo Novo de Roupar a eliminatoria da Copa Deputación de Lugo entre a SDC Roupar e o CD Xermade con vitoria dos da capital municipal por un claro 1-4, resultado que lles permite pasar á seguinte eliminatoria.
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg


UN POUCO SOBRE A PARROQUIA DE ROUPAR
Cunha superficie de 25 quilómetros cadrados e 355 habitantes, San Pedro Fiz de Roupar é unha das dez parroquias que conforman o concello de Xermade. Linda coas de Lousada, Cabreiros e as pontesas de Aparral e San María das Pontes, e comprende trinta lugares e aldeas, sendo os máis habitados os da Casanova (92 habitantes), A Criba (33), O Reboredo (27), A Torre (18), A Ermida (18), Abeás (13) e O Aguillón (13). Pertence ó arciprestado de As Pontes e á diocese de Mondoñedo.
Ten unha altitude media duns trescentos metros, aínda que hai cumes que superan os seiscentos, como O Castrillón (667) e O Pico (642). Está bañada polos regos do Campo, Torre e Porto da Vila.
Ó igual cas dos arredores, é unha parroquia rica en xacementos arqueolóxicos, como os castros de Castrillón, con restos de parapetos de pedra, o de Sucastro cun gran foso no que apareceron anacos de ladrillos e de cerámica para usos domésticos, e o máis importante, o das Medoñas da Graña, no que se atoparon muíños de man, construcións rectangulares, restos de cerámica, ósos de animais e carbón.
Durante a Idade Media o couto de Roupar, xunto co de Lousada, estivo sempre en disputa entre o señorío feudal e o eclesiástico. Fernando III confirmou en 1232 ó mosteiro de Meira este couto, que xa fora doado polo seu pai Alfonso IX. En pugna co dominio dos Andrade, foron os cistercienses quen se fixeron coas rendas disputándollas ós mosteiros de Meira e de Monfero.
No barrio da Torre, preto da igrexa parroquial, está a casa do mesmo nome, que, segundo algúns escritores, tiña cinco séculos de existencia e que pertenceu ós condes de Valdepeñas. Era unha vivenda fortificada con fachadas e cornixas en granito.
A igrexa parroquial sufriu sucesivas reformas, destacando o retablo principal de tipo salomónico, con cinco fornelos no corpo principal e un no ático. Cerca da aldea de Buscalte atópase a capela de San Miguel, de planta rectangular cunha talla do arcanxo que data do século XVIII. No lugar do Campo está a capela da Nosa Señora do Carme do Campo e na aldea da Ermida a xa citada capela de Santo Estevo (século XVIII), de construción sinxela e planta rectangular. Hai importantes cruceiros nos lugares do Campo, A Criba e Porto da Vila.
Roupar de Abaixo, 22 de maio de 2011 (AF)
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg
Roupar-Santo-Estevo-2011-1.jpg

También podría gustarte
Comentarios