SUSANA CASTRO E O RÍA DE FERROL CONSIGUEN A PERMANENCIA NA DIVISÓN DE HONRA

O Ría de Ferrol – Concepción Arenal desprazouse esta fin de semana ata Durango para a disputa da segunda proba do Campionato de España de Clubes, onde se enfrontaba o equipo ferrolán co Bidezabal, L´Hospitalet e Pozuelo.
A atleta pontesa foi cuarta nun 800 metros lisos gañado pola súa compañeira Belit Solar, ilustre segunda posición para Margarita Fuentes-Pila, ex internacional española xunto as súas irmáns Iris e Zulema. Terceira praza para Elisabeth Martínez de L´Hospitalet. Tamén competiu nos 100 metros valados onde foi oitava por detrás da súa compañeira Alba Liñares.
susana_castro.jpg


Na proba disputada no País Vasco, polo equipo ferrolán lograron o ouro Lidia Casal en 200, Carmenza Delgado en martelo, o catro por catrocentos relevos, e Natalia Raña, irmá do ex campión mundial de triatlón Ivan, en 3000.
Segundo posto para Marisa Casanueva en 1500, Raquel Suárez en 3000 obstáculos, Lucía Ferreiro en Pértega, Iria Forján en lonxitude, Blanca Crespo en Peso, María Rodríguez en Disco e Eva Pérez en 5 kilómetros marcha.
Bronce para Lidia Casal en 100 lisos, Candela Díaz en 200, Ana Pérez en 3000 obstáculos, Blanca González en 400 valados, Fátima Bouamri en Pértega, Ana Peleteiro en Triple Salto e Ana Pereira en xabalina
Na clasificación xeral final victoria para o Ría de Ferrol con 196 puntos por 187 do Bidezábal, estes dous equipos garanten a súa permanencia, terceiro L´Hospitalet con 173 puntos e cuarto o Pozuelo con 131.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios