RUGBI: FENDETESTAS 31 JABATOS BIERZO 19

Triunfo no debut ligueiro do cadro pontés ante o equipo do Bierzo por 31-19 no encontro xogado a tarde do sábado no Campo do Monte Medulio.
Nunha primeira parte avasalladora, emulando ós “All Blacks” os verdes foronse ó descanso cun marcador de 19-0 con tres ensaios anotados.
A pouco de comezar a segunda metade chegou o cuarto ensaio e o 26-0 no marcador que semellaba a sentencia, pero as forzas e o escaso banquiño dos locais, que de momento dispoñen de apenas 22 xogadores afrontar toda a temporada fixeron que os visitantes remontaran facendo tres ensaios e colocandose nun preocupante 26-19 no marcador anque preto do final Rayito encargouse de tranquilizar ós seus compañeiros poñendo os 31-19 definitivo.
Os verdes son cuartos na clasificación por detrás de Zalaeta, Ourense e Vigo.
Xogaron Sergio, Moncho, Xose, Gallardo, Rayito, Barbas, Toño, Miguel, Huesy, Kiko, Antón, Álvaro, Robert, Pablo e Manolo. No segundo tempo saíron Lois e Borja.
fendetestas_0001.jpg


fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
fendetestas_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios