SAA ESTIVO DE FESTA ESTA FIN DE SEMANA

O lugar de Saa, o máis habitado da parroquia da Vilavella, celebrou esta fin de semana a súas festas patronais, que comezaron o venres cunha churrascada e verbena co dúo Bambú. O sábado a música puxérona os grupos Enclave e Aguazul e o domingo o trío Lembranza, de Asturias. Os actos relixiosos programados non chegaron a celebrarse.
A mediados dos anos sesenta e principios dos setenta estas festas eran unha das máis importantes da comarca, incluso a xente dos arredores ía de merenda e había competicións deportivas, principalmente encontros de fútbol, nos que sempre participaba o equipo do barrio coñecido popularmente polos “Tritóns de Saa”.
A capela da Nosa Señora do Pino de Saa, que se atopa en certo estado de abandono, é de construción modesta e no seu interior están as imaxes da Virxe do Pino e Santo Antonio. A imaxe da patroa foi doada en 1964 por Antonio Bouza, veciño de Carracedo, quen tróuxoa das illas Canarias.
saa_0001.jpg


A NOSA SEÑORA DO PINO
Esta advocación mariana ten a súa orixe nas illas Canarias, concretamente na illa de Gran Canaria da que é patroa. A súa imaxe está na basílica do municipio de Teror. Foi coroada en 1905 e en 1914 foi declarada patroa da diocese de Canarias polo papa Pío X.
Existen outros santuarios da Virxe do Pino en Canarias (Agüimes, El Paso –La Palma-, Tenerife e Lanzarote), en Vinuesa (Soria), en Niebla (Huelva), así como en varios países americanos, como Venezuela, Cuba, California e México (parroquia de Santa Ana, no estado de Michoacán).
Leva este nome porque a tradición oral di que alá polo ano 1481 a imaxe da Virxe apareceuse de forma sobrenatural enriba dun piñeiro situado preto de onde hoxe está a súa basílica, no municipio grancanario de Teror. Dende 1929 ten honores militares con rango de Capitá Xeneral do Exército de Canarias.
As Pontes, 12 de setembro de 2010 (AF)
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
saa_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios