SEGUNDA B. O ESTEO FS-RIBEIRA FS (7-3)

Gran segundo tempo do Esteo que lle arrebata o liderato ao Ribeira de Piquín, e sen tempo para a celebración, visita este domingo a Estrada

Brillante vitoria do Esteo pontés de fútbol sala que se sitúa líder, adiantando ao Ribeira de Piquín, e queda a un paso de meterse matemáticamente entre os tres mellores equipos. Este domingo ten unha difícil oportunidade na cancha do Estrada Futsal, apenas sen descanso.

No partido de hoxe houbo dúas partes ben diferenciadas, a primeira foi moi igualada, e incluso puideron adiantarse os locais tras unha indecisión lucense na que semella que Illi despexa o balón cando xa entrara, pero foi tras aproveitar un balón morto dentro da área que Aitor adiantou aos ponteses. 

Pero antes do descanso, tras dúas perdas de balón locais, estiveron atentos os visitantes e deron a volta en sendas contras anotando por medio de Simón, o mellor dos visitantes, e Quintela. 

Pero no segundo tempo o Esteo foi un vendaval, e en apenas dous minutos remontou aproveitando dous erros visitantes nos que marcaron Bruno e Jhony. Incluso o propio Bruno, e Héctor, estrelaron dous balóns nos paus.

Pero un Jhony estelar anotou outros dous tantos consecutivos, selando o seu particular hat trick, o 4-2 case sen ángulo pola escadra, e o 5-2 picando maxistralmente ante a saída dun tal Illi, porteiro que foi do Parrulo da Primeira División as tres últimas temporadas.

Con porteiro xogador Jacobo facía o sexto nunha contra, e o sétimo levaba a firma de Cokito, por entre as pernas do gardamallas. Nos últimos instantes os visitantes maquillaban un pouco o marcador situandoo no 7-3 definitivo.     

O Esteo ten 28 puntos e está a un triunfo de garantizar a súa presenza na fase dos tres mellores. Este domingo ten unha difícil oportunidade na Estrada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios