SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: NOIA F.S. – O ESTEO F.S. (1-1)

Os ponteses logran o primeiro punto da temporada tras tres derrotas

Brillante empate do Esteo na súa visita ó equipo favorito da categoría e campión do ano pasado.

Ten máis mérito se cabe si se ten en conta que o Noia viña de gañar os tres primeiros partidos de Liga, e de eliminar estes días ó Santiago Futsal (3-2) na Copa do Rei.

No primeiro tempo os de As Pontes tiveron máis ocasións que os locais e a pouco do descanso Jaco anotaba o 0-1.

No segundo período os locais apretaron e Marcos disparaba ó longueiro e chegado ó ecuador igualaba Marci o tanteador.
O mesmo xogador foi expulsado pero o Esteo non conseguiu anotar nos dous minutos en superioridade.

Tiveron que sufrir no derradeiro minuto coa expulsión de Héctor por dobre amoestación, pero os locais non lograron marcar e os de Javi Saa estrearon o seu casilleiro no lugar máis inesperado.

Son duodécimos con un punto e para a semana visitan ó Pizarras tres Cuñados, que venceu 2-5 ó Ventorrillo, no Barco de Valdeorras.

Foi esta unha xornada de sorpresas, i é que o inédito San José vencía 3-4 ó Universidad de Valladolid, e o Benavente tamén logrou o seu primeiro punto tras empatar en Cuéllar 2-2.

FICHA DO PARTIDO
NOIA FS: Brais, Nené, Christian, Borja, Xuxa –cinco inicial- Marci, Quique, Dani Quintela, Marquitos, Diego Pernas, Manu.
O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Ayala, Alex Garea, Púas.
ÁRBITROS: Otero Calvo, Presedo García, Rey Hermida (Santiago). Amarelas a Jaco e Alex Garea. Expulsados por dobre amoestación Marci e Héctor.
GOLES: Min. 17 (0-1), Jaco. Min. 31 (1-1), Marci.
INCIDENCIAS: Partido da cuarta xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Municipal de Noia, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios