Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-ATLÉTICO BENAVENTE (3-6)

O Esteo cae ante o líder nun partido moi bronco.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado á tarde 3-6 no partido disputado ante o líder da categoría, o Atlético Benavente, equipo tan bo como sobreactuado. 

Na primeira metade adiantaronse os locais cun gran gol de Alex Durán dende fóra da área, pero empataron os visitantes, tras unha gran xogada de Malaguti que culmina Cala. 

No segundo tempo os visitantes puxeron terra de por medio cun tanto do gran Charlie, ex xogador de Primeira División moitos anos e incluso da Selección Española, que dispara dende a súa pista, desvía Javichu cara atrás como pode e despexa o balón sobre a mesma liña considerando os árbitros que entrara. 

E pouco despois era Sergio o que aproveitaba un balón morto na área para facer o 1-3. Xa con porteiro xogador os locais anotaron Alex, Malaguti e Charlie deixando o encontro sentenciado co 1-6, pese a que o Esteo recurtou distancias con tantos de Pana e Alex Durán.

Os ponteses son sétimos con 33 puntos antes de visitar ó Albense, undécimo con 25. 

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Ayala.

ATLÉTICO BENAVENTE: Vara, Joselu, Sergio, Charlie, Ángel – cinco inicial – Escudero, Cala, Malaguti, Alex, Samu, Yayo.

GOLES: 1-0, Alex (5´), 1-1, Cala (12´). 1-2, Charlie (25´), 1-3, Sergio (26´), 1-4, Alex (30´), 1-5, Malaguti (32´), 1-6, Charlie (33´), 2-6, Pana (35´), 3-6, Alex (36´).

ÁRBITROS: Amarelas a Alex Durán, Javichu, Vara, Escudero, Malaguti, Charlie. Vermello directo a Sergio Simón (35´).

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A  Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios