Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: SANTIAGO DE SAMA FS-O ESTEO FS (3-4)

Gran vitoria do Esteo a domicilio con remontada, o que lle da media permanencia.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Tres puntos moi importantes trouxo o Esteo de Langreo ó vencer ó único conxunto asturiano da categoría, o Santiago de Sama 3-4.

O triunfo ten máis valor se cabe, pois o equipo pontés tivo que remontar un 2-0 do Santiago nos primeiros minutos, e aínda que Pana recurtaba distancias, xusto antes do descanso os locais poñíanse con 3-1.

Pero foi no segundo período cando os goles de Héctor, Rober paz, e outro de Pana a pouco do final lle deron o triunfo ós de Javi Saa, que son novenos con 13 puntos.

Afrontan dúas xornadas consecutivas na casa, ante o líder Guardo, e despois ante o Xove, que ten os mesmos puntos que os ponteses.

FICHA DO PARTIDO
SANTIAGO DE SAMA FS: Pelayo, Isi, Márquez, Borja, Choki – cinco inicial – Julio, Edgar, Daniel, Saúl, Milín, Chino.
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober Paz – cinco inicial – Gerardo, Gago, Dani, Diego.
ÁRBITROS: Volpini Gilabert, Toral Heredia, Álvarez Álvarez (Valladolid-León-Gijón) Amarelas a Pelayo e Edgar.
GOLES: Min. 1 (1-0), Borja. Min. 9 (2-0), Choki. Min.14 (2-1), Pana. Min. 20 (3-1), Edgar. Min. 22 (3-2), Héctor. Min. 35 (3-3), Rober Paz. Min. 40 (3-4), Pana.
INCIDENCIAS: Pavillón Los Llerones (Langreo). Partido correspondente á décima xornada de Liga. Uns 200 espectadores.

RESULTADOS CATEGORÍAS DE BASE
Cadete. O Esteo-Cospeito (6-0)
Infantil A. O Esteo-Cospeito (6-1)
Infantil B. Vilalba “B”-O Esteo “B” (1-3)
Alevín. Vilalba “B”-O Esteo (2-3)
Benxamín. Vilalba-O Esteo (5-2)
Prebenxamín. Vilalba-O Esteo (0-3)
Biberón. Pontedeume-O Esteo (2-8)

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios