SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO FS-O ESTEO FS (5-3)

Primeira vitoria na Liga dos coruñeses ante un Esteo que é décimo

Paso atrás do Esteo este sábado. Os ponteses podían poñer terra de por medio con respecto aos postos de abaixo e deixar tocado a un posible rival, pero nada máis lonxe da realidade.

O Ventorrillo, que ata o momento só fora capaz de sumar un empate, conseguiu os tres puntos ante os ponteses.

A pesar de chegarse ó descanso con 0-0, o segundo período foi pleno de goles. Adiantábanse os locais, pero empataba Ayala. Pero en dous minutos máxicos os coruñeses situábanse 4-1 no marcador.

Apretou o Esteo e conseguiu achegarse ata o 4-3 con tantos de Martín e Pana, pero preto do final chegou o 5-3 que resultou definitivo.

Mala xornada en xeral, pois gañou tamén o Unión Arroyo, polo que a pesar de continuar colista, comprímese a parte baixa da táboa, e os ponteses son décimos con seis puntos, antes de recibir no derbi ó Cidade de Narón, que suma nove.

FICHA DO PARTIDO

VENTORRILLO FS: Iván, Anxo, Guillán, Andrés, Puertas – cinco inicial – Jhony, Failde, Alex, Berto, Dani.

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Ayala – cinco inicial – Rober Paz, Gago, Dani, Gerardo.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Dans Rey, Fontán Pérez (Santiago-A Coruña). Amarelas a Iván, Guillán, Anxo, Alex, Andrés, Jhony, Isaac, Martín, Héctor, Pana e Jesús.

GOLES: Min. 24 (1-0), Guillán. Min. 28 (1-1), Ayala. Min.34 (2-1), Anxo. Min. 35 (3-1), Andrés. Min. 36 (4-1), Andrés. Min.37 (4-2), Martín. Min. 38 (4-3), Pana. Min. 39 (5-3), Puertas.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Ventorrillo, uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e X.F.

También podría gustarte
Comentarios