SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 2 – F.S. SALAMANCA 4

O equipo local tivo o empate no último suspiro

Nova derrota dun Esteo que viu como se adiantaban os visitantes, e sobre todo anotaban un segundo gol a pouco do descanso. Na reanudación recurtou distancias Jandro pero nun tiro cruzado voltaban a poñer terra de por medio os salmantinos.

Xa co porteiro xogador voltou recurtar distancias Jandro, e tivo o empate moi claro Costi, pero quixolle regalar o gol a Jhony e ahí acabaron as opcións de puntuar. Xa sobre a bocina nun balón que recorreu toda a pista chegaba o definitivo 2-4.

Oitava derrota consecutiva local antes de visitar a un rival directo como o Sala Ourense, catro puntos por encima.

ESTEO FS. Xeito, Marcos, Héctor, Jandro, Troncho – Costi, Cokito, Sergio, Jhony, Juan.

FS SALAMANCA. Jose, Daniel, Alejandro, Martín, Diego – Pablo, Ángel, Sergio, Álvaro, Jorge, Cristian.

GOLES. 0-1, Cristian (7´), 0-2, Álvaro (19´). 1-2, Jandro (22´), 1-3, Cristian (28´), 2-3, Jandro (38´), 2-4, Pablo (40´).

Incidencias. Amarelas a Jhony, Marcos, Cokito, Troncho, Héctor, Xeito, Ángel, Víctor, Daniel. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios