Amigus
As Pontes

O PONTÉS CHUS CAÑIZARES CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA UEFA

Para a primeira fase a disputar en Vigo

O futbolista pontés Jesús Cañizares Sánchez foi convocado pola Selección Galega para a primeira fase da Copa das Rexións Uefa, na que a Selección xogará o venres 8 contra Canarias e o domingo 10 contra Aragón, ambos partidos ás 12:00, nos campos federativos de Coia, na maravillosa localidade viguesa.

Chus milita esta campaña no Atlético Arteixo de Terceira División, tras pasar polas categorías inferiores do As Pontes e do Racing de Ferrol Xuvenil, e xa como sénior, polo propio equipo azul, Deportivo B, Cerceda, Silva, Bergantiños, El Álamo madrileño, e por último o Somozas antes de recalar no cadro coruñés do Arteixo que é o equipo que máis xogadores aporta, xunto co Arousa, cun total de catro.

Dase a casualidade de que os dous porteiros convocados, Javi Liz, e Minibugy, tamén pasaron polo CD As Pontes. A lista completa de 18 convocados é a seguinte:

Atlético Arteixo: Antonio González, Fabio González, Adri Otero, Chus Cañizares
Arousa SC: Martín Sánchez, Sergio Cotilla, Diego Enjamio, Martín Diz
Alondras CF: Jesús Varela, Pablo Goitia, Félix Rial
Rápido de Bouzas: Antón Iglesias “Kopa”, Alex Rey
UD Ourense: Santi De Prado
Bergantiños CF: Alex Lorenzo
CD Estradense: Pablo Caraban
CD Sarriana: Javi Liz
UD Somozas: Gabriel Martínez “Minibugy”

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios