SEGUNDA GALEGA RUGBI. CR FENDETESTAS 54 – MAREANTES RC PONTEVEDRA 19

Partido este domingo á mañá no Campo Artificial

Gran temporada a do equipo pontés de rugbi, pois conta os seus partidos por vitorias, 7-19 en Santiago, 3-39 en Rianxo, hoxe 54-19, e o máis apretado foi o 21-19 ante Lalín.

No encontro de hoxe dominaron de principio a fin, ao descanso mandaban 28-12, con oito ensaios, Borja, Rafael, Edgardo (2), Antonio, Vladimir, Adrián e Senén, e sete lanzamentos a paus a cargo de Vladimir.

Xogaron Anxo, Edgardo, Carlos, Miguel, Rafael, Adrián, Pablo, Claudio, Antonio, Borja, Iván, Vladimir, David, Senén, Roberto, e despois Harold e Marcos.

Remata a primeira volta líderes con 18 puntos e comezan a segunda recibindo ao Santiago, segundo con 11.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios