Dura derrota do Esteo ante o equipo pontevedrés do Leis 3-5, conxunto que suma o seu primeiro triunfo, co que ambos equipos acumulan un saldo de catro derrotas por unha soa vitoria.
No encontro de hoxe o marcador mantívose igualado 3-3 pero foron os visitantes os que arriscaron máis nos derradeiros instantes marcando dous goles que certificaron o seu primeiro triunfo. Destacar un hat trick de Mitxel.
Queda colista o Esteo empatado a tres puntos con pontevedreses e O Parrulo B visitando a próxima semana a complicada cancha do Guardo.
O ESTEO FS. Xeito, Costi, Sergio, Héctor, Jandro – Jhony, Martin, Juan, Cokito, Pablo, Eloy.
LEIS PONTEVEDRA FS. David, Daniel, Mauro, Mitxel, Adrián – Aarón, Cristian, Hugo, Yeray, Xian.
GOLES. 1-0, Costi (10´), 1-1, Mitxel (13´), 1-2, Mitxel (19´). 2-2, Jhony (29´), 2-3, Adrián (30´), 3-3, Jandro (31´), 3-4, Daniel (39´), 3-5, Mitxel.
Incidencias. Amarelas a Sergio, Jandro, Héctor, Martín, Juan, Xeito, David, Hugo, Adrián. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro