Amigus con stand na OSHWDem 2023

Primerio imos aclarar que é a OSHWDem para que non o sepa, a OSHWDem é unha feira tecnolóxica onde se expoñen inventos cun nexo común, todos son proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e códigos foron publicados, de forma que calquera poida velos, replicalos e incluso melloralos. Nesta feira teñen cabida dende hardware, software, arte, robótica e incluso existen competicións dentro dela así como talleres.

Este ano os nosos compañeiros apasionados da astronomía aproveitaron para ensinar o proxecto realizado por eles, un telescópio impreso en 3D co cal disfrutan da súa pasión (cuarta foto), así como a segunda versión deste que xa está en contrucción para ampliar as capacidades (última foto), polo cal interesouse bastante xente polo gran labor que conleva a súa realización. Deixamosvos unha imaxe dos nosos compañeiros no Stand, un par delas dos telescópios e dúas fotos da nosa lúa e de Xúpiter e as súas lúas sacadas polos nosos compañeiros nunha das súas quedadas. Se estás interesado en únirte o noso grupo ponte en contacto con nosco en amigus@amigus.org

 

También podría gustarte
Comentarios