SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 4 – IES CORUXO FS 4

O equipo local empatou nos últimos instantes

O Esteo rescatou un punto nos derradeiros instantes no seu encontro deste sábado ante o IES Coruxo, da maravillosa localidade olívica.

Tras gañar a semana pasada ao Sala Ourense 4-5, con catro tantos de Jhony, os locais afrontaban este choque co ánimo de dar outro paso adiante.

Os visitantes chegaron a ir gañando 0-3 (con 0-2 ao descanso), e 2-4 a moi pouco do final, pero o porteiro xogador deulles resultado os locais ata o 4-4 definitivo para conseguir rescatar un punto.

Goles do capitán Héctor (2), Jandro e Troncho. Os locais son penúltimos este sábado, xa con 7 puntos, rematando o ano, tamén nas maravillosas terras asturianas, visitando ao Racing Mieres.

É o único equipo desa comunidade na categoría, e será un trascendental partido ante un equipo dous postos e un punto por riba, coas baixas de Cokito e Costi.

ESTEO FS. Xeito, Costi, Héctor, Jandro, Jhony – Marcos, Cokito, Sergio, Troncho, Juan.

IES CORUXO FS. Joel, Pablo, Pedro, Daniel, Martín – Adán, Iago, Alexis, Fabio.

GOLES. 0-1, Fabio (1´), 0-2, Iago (19´). 0-3, Pedro (31´), 1-3, Héctor (33´), 2-3, Jandro (36´), 2-4, Pablo (37´), 3-4, Troncho (38´), 4-4, Héctor (39´).

Incidencias. Amarelas a Cokito, Marcos, Juan, Jandro, Xeito, Jhony, Alexis, Martín, Pablo, Iago. Expulsados con vermello directo, Cokito (29´), Costi (36´), e por doble cartón Pedro (39´). Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios