SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CD UNIÓN ARROYO (2-3)

Derrota do Esteo no derradeiro encontro da temporada na casa

O Esteo despediu a tempada no que aos partidos da casa se refire cunha derrota 2-3 ante o Unión Arroyo de Valladolid.

A primeira parte remataba con empate a 0-0 aínda que os visitantes reclamaron dous goles, un moi xustiño co balón sobre a liña e outro que entrou tras falta previa a Javichu.

Pero nada máis comezar a segunda metade anotaba Leal, o Esteo recurtaba distancias nunha xogada entre Rubi e Jhony, pero pouco despois voltaba a anotar Leal pola escadra.

Puido cambiar o encontro cando o colexiado expulsou ao gardamallas visitante por tocar o balón coas mans fora da área, xogando cun máis os locais durante dous minutos, pero colmo de males, nunha contra Ofa recuperou o balón, regateou a Javichu, e marcou a porta baleira.

Nos últimos minutos tentouno o Esteo co porteiro-xogador e tras unha maxistral xogada de Jhony, Bruno recurtaba distancias, pero no tramo final Héctor viuse obrigado a cortar unha contra, sendo expulsado a falta de 30 segundos esgotandose as posibilidades, e iso que Rubi casi puido empatar no derradeiro segundo.

Os locais rematan na casa unha boa tempada. Á espera da visita o campeón Guardo son sextos con 36 puntos. 

Retirouse hoxe Javichu, porteirazo que foi do Esteo entre as tempadas 2009-11 e 2014-21.

O ESTEO FS. Javichu, Troncho, Héctor, Alberto, Bruno – Rubi, Jacobo, Cokito, Jhony, Aitor.

UNIÓN ARROYO. Dani, Jaime, Leal, Balle, Cristóbal – Virgi, Caballero, Diego, Cardaba, Ofa, Jairo. 

GOLES. 0-1, Leal (21´), 1-1, Jhony (26´), 1-2, Leal (29´), 1-3, Ofa (30´), 2-3, Bruno (38´).

Incidencias. Amarelas a Javichu, Troncho, Héctor, Jacobo, Jhony, Balle. Expulsados con vermello directo Dani (29´) e Héctor (39´). Uns 60 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios