RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL
Resultados do CLUB DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL nos campionatos galegos galegos de barcos de equipo e no LXIV Descenso do río Miño.
O pasado sábado disputouse o Campionato Galego de barcos de equipo para xoves promesas no embalse de Belesar (Taboada – Lugo). Participaron dúas embarcacións pontesas: No K-2 muller Infantil-B, Carmen Alén Bellas e Antía García Pico quedaron clasificadas en 9º lugar e en k-2 home Infantil-A os padexeir@s ponteses Xalo García Paz e Nerea Tojeiro Tojeiro remataron en 25ª posición.
O Domingo celebrouse o LXIV descenso do río Miño nunha distancia de 18km con saída na vila de Rábade e chegada na ponte romana da cidade de Lugo. Nun descenso cun gran caudal de auga os padexeiros ponteses acadaron as seguintes clasificacións:
en K-2 sénior Antonio Polo e Carlos Pedreira acadaron o 2º lugar na clasificación final, no K-1 Sénior Ernesto Gancedo chegou a meta no 21ª posición e no K-2 Xuvenil Pablo Vispalia Díaz e Lucas Valle Hernández chegaron á meta en 3º lugar. Neste descenso tamén participaron no K-1 Xuvenil Antón Garcia Bellas e Celia Duran Iglesias que tiveron que abandonar a regata despois de envorcar debido ao gran caudal de auga que dificultou o desenrolo da competición e unha gran cantidade de abandonos por caídas nas ultimas represas do percorrido.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil