Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (4-2)

O Esteo situase cuarto e garante a salvación

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gran vitoria do Esteo 4-2 ante o Leis de Pontevedra para apuntalar a cuarta praza e pelexar polos postos de play off nestas seis xornadas restantes, pero sobre todo para garantir a salvación no peor dos casos con 41 puntos, que non é pouco para un equipo que chegou a ir de último.

Nun encontro no que visitaba Somozas o histórico Leis de Pontevedra que xogara na Primeira División na 2007-08, empatado a puntos cos ponteses, adiantabanse os de Marcos e Senén tras un forte disparo de Alberto, e a poucos segundos do descanso era Héctor quen marcaba internándose polo segundo pau. Entremedias empatara Simón dun bo disparo pola escadra.

Na segunda parte o Esteo adicouse a manter a ventaxa con apenas ocasións de perigo visitante ben desbaratadas polo gardameta, ata que a falta de sete minutos sorprendía Saúl cun disparo a media altura a MFailde.

Pero cando parecía que o encontro camiñaba cara a igualada, Jandro, e Héctor ao borde do final poñían o 4-2 en sendas contras para os locais, que se sitúan cuartos con 41 puntos antes de visitar ao perigoso Universidad de Valladolid.

Gran partido con animación e agasallos nas Somozas, con moita cativería por primeira vez, i é que por desgracia a rapazada nesta campaña 2021-22 non puido disfrutar de fútbol sala en As Pontes.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Héctor, Alberto, Jhony – Jandro,  JFailde, Troncho, Eloy.

LEIS PONTEVEDRA FS. Álvaro, Nico, Mario, Joni, Cley – Adri, Arturo, Alberto, Saúl, Simón, Raúl.

GOLES. 1-0, Alberto (14´), 1-1, Simón (17´), 2-1, Héctor (20´). 2-2, Saúl (33´), 3-2, Jandro (36´), 4-2, Héctor (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Troncho, JFailde, Joni, Álvaro, Adri. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios