Obradoiro Robótica con Arduino

O próximo 27 de marzo en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes de 10:30 a 13:30h. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

O obxectivo do obradoiro é fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa. O robot está baseado en hardware libre e software libre. mBot é un robot baseado en tecnoloxía Arduino que se pode programar con mBlock, unha contorna gráfica de programación que combina Scratch e Arduino.

Os alumn@s experimentarán e comprobarán de primeira man como programar este tipo de robots. Para que os asistentes entendan o funcionamento do robot, realizaremos unha serie de prácticas na que se mostraron os conceptos básicos da programación deste e a versatilidade do robot para realizar un robot seguidor de liñas ou un robot anticolisión por nomear uns exemplos.

A idade recomendada é de 8 a 12 anos

O obradoiro é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro, tedes toda a información e inscrición en https://www.amiguslabs.org/arduino-day-2022-robotica-con-arduino/

También podría gustarte
Comentarios