Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-RIBEIRA FS (3-2)

O Esteo situase na cuarta praza no play off con catro puntos de ventaxa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gran e sufrida vitoria do Esteo 3-2 ante o Ribeira de Piquín  para apuntalar a cuarta praza e deixar ao quinto clasificado a catro puntos.

No décimo segundo encontro dos ponteses nesta tempada nas Somozas comezaban adiantándose pronto cun tanto de Jhony axustado ao pau tras pase de Cokito, e pouco despois era Troncho quen empalaba un balón morto ao fondo das mallas tras un primeiro disparo de Guillán.

Asi se chegou ao descanso. No segundo período os de Marcos e Senén contemporizaban o marcador ata que faltando poucos minutos anotaba Christian tras un balón que desviaba un defensa e despistaba a Failde. Pero pouco despois voltaba a ampliar o marcador Héctor.

Houbo que sufrir ata o final, pois Fucho reducía o marcador ata o 3-2 definitivo pero xa co tempo cumprido, e os ponteses sumaban unha nova victoria que os sitúa con 48 puntos antes de visitar ao Racing de Mieres.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, JFailde, Guillán, Eloy.

RIBEIRA FS. Illi, Fucho, Quintela, Christian, Pablo – Fran, Rubas, Cisco, Jhordan, Íker.

GOLES. 1-0, Jhony (1´), 2-0, Troncho (6´). 2-1, Christian (35´), 3-1, Héctor (37´), 3-2, Fucho (40´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Fucho, Christian, Javier. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios