SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 53 -PONTEVEDRA MAREANTES RC B 10
O clube pontés suma o seu cuarto triunfo da campaña
O Fendetestas pontés de rugby venceu este sábado por un contundente 53-10 ó Mareantes de Pontevedra B, chegando ó descanso cun marcador de 22-0.
Dous ensaios de Rober e Miguel, e un de Pablo, Álvaro, Joel e Antonio Gómez. Rober acertou tamén cinco lanzamentos a paus e un golpe de castigo.
Cuarto triunfo dos verdes, tras gañar na xornada inaugural, 64-10 ó Ourense B, a domicilio a Barbanza (0-7), e ó líder Muralla (13-24), caendo co Zalaeta de Arteixo (29-14).
Nos outros encontros do sábado, o Muralla de Lugo gañou 54-12 ó Barbanza e o Santiago 51-5 ó Ourense B. Os ponteses pechan esta primeira volta dentro de dúas semanas visitando ó Vigo B.
A falta da disputa do Zalaeta-Vigo B deste domingo, lidera a táboa o Muralla con 21 puntos, 19 teñen ponteses e santiagueses, cun encontro menos, o que teñen pendente entre eles. Mareantes ten 15, Barbanza 12, Zalaeta 10, Vigo B 7 e pecha a táboa o Ourense B con 6.
Xogaron Antón, Pablo (Roberto), Joel, Antonio Ferreiro, Rober, Antonio Gómez, Javi (Jesús), Miguel, Álvaro, Iván, Óscar, Ramón (Xóse), Luis, Ramiro, Ángel.
Nova cortesía de Xose Ferreiro