SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS-CD ZALAETA

O equipo pontés de rugbi Fendetestas debuta este sábado na Liga, e farao ante o poderoso Zalaeta de Arteixo.

O equipo pontés de rugbi Fendetestas debuta este sábado na Liga, e farao ante o poderoso Zalaeta de Arteixo, conxunto ó que sen ir máis lonxe apenas gañou por un punto hai uns meses nas semifinais do play off de ascenso da tempada pasada.

Ambos equipos debutan con moitas baixas, e o equipo dirixido este ano por Javier Díaz tentará lograr esta campaña 2016-17 o ansiado ascenso á Primeira categoría do rugbi galego, tras quedar ás portas o ano anterior na final ante o Keltia, e hai un par de semanas na repesca ante o Muralla de Lugo.

Na Liga repiten Universidade de Vigo B, Crat A Coruña B, Santiago, os propios Fendetestas e Zalaeta, e son novos Universidade de Ourense B e o Barbanza. O encontro será este sábado ás 17:15 no Campo Monte Medulio.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (1ª Xornada)
CR FENDETESTAS – CD ZALAETA
Sábado 22 – Outubro – 2016 (17:15h)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios