Segunda Autonómica Feminina. CD As Pontes 0 Victoria de A Coruña 3

Quinto triunfo consecutivo do líder Victoria o conseguido hoxe no Campo anexo do Poboado perante un loitador As Pontes que soubo manter o tipo ata o final do encontro ante un rival o coruñés que nas catro primeiras xornadas marcou 36 goles e tan so encaixou un. As visitantes adiantaronse no 19´ por medio de Lucía, que se zafa da lateral e marca maxistralmente e con temple pola escadra. O segundo gol chegou tras unha posible falta que o colexiado non sinala e Vanessa acaba marcando con unha gran vaselina ante a saída de Leti. Puido acurtar distancias o As Pontes cando Paty é derrubada dentro da área no 42´e o colexiado sinala penalti, que ela mesma se encarga de tirar, pero o seu tiro cruzado é despexado pola gardameta visitante cunha gran estirada. Nada máis comezar o segundo tempo as coruñesas sentenciaron o partido co segundo gol de Lucía. De ahí ó final resaltar algúns tiros da incansable Lau, un xogadón de Carlota e algunhas boas intervencións de Leti, sobre todo un man a man con Lucía. O As Pontes visitará a vindeira semana A Coruña pra enfrontarse a outro dos “gallitos” da categoría, o Orzán B.
futbol_fem_1.jpg


0 CD AS PONTES. Leti; Yaiza (Paula 71´), Jani, Silvia, Alba (Cris 55´); Andrea, Laura, Clara (Sara 60´), Carlota, Patri D.; Paty (Candela 64´)
3 VICTORIA. Di, Saleta, Laura, Vanessa, Lali (Bego 83´), Rita, Oli, Silvia, Lucía (Angie 76´), María, Nuria (Diana 84´).
Goles: 0-1, minuto 19, Lucía. 0-2, minuto 36, Vanessa. 0-3, minuto 46, Lucía.
Árbitro: David Brito Regadera (Ferrol). Mediada a segunda metade expulsou á visitante Silvia por doble amonestación. Cartón amarelo a Andrea.
Campo e incidencias. Campo Anexo do Poboado. Uns 100 espectadores, en tarde soleada. Partido correspondente á quinta xornada.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg
futbol_fem_1.jpg

También podría gustarte
Comentarios