Amigus
As Pontes

Segunda Autonómica Feminina. CD. As Pontes 3 Santa Minia Brión 3

Triste empate do As Pontes ante un conxunto visitante, o Brión, que se presentou con so 9 xogadoras, sen adestrador e sen delegado, e que ó final do encontro sumou un máis que meritorio punto.
Segunda Autonómica Feminina


Comezaba o partido con dous bos goles da xogadora da selección Paty Blanco, no 14´e no 17´, quen tras zafarse da defensa resolveu ben ante a porteira. O encontro parecía sentenciado coa ventaxa e coa superioridade numérica e así se chegaba ó descanso. Pero nada máis lonxe da realidade, na segunda metade as visitantes foron a pola victoria, e as locais recuaron e non pasaban do medio campo. Avisaron con un penalti lanzado por Aly no 51´que salvou Leti, pero dous minutos máis tarde marcou Silvia o 2-1. No 58´, Leti, que estivo maxistral, salvou o empate nun cara a cara coa dianteira Silvia. Pero no 69´ as vistantes lograron o meritorio empate tras un xogadón da mellor xogadora do encontro, Roibás, un peldaño por riba das demáis, que dentro da área regatea a defensa e define con maestría ante Leti. A raíz do empate as pontesas estiraronse e comezaron a buscar o gol, e no 80´, tras un pase en profundidade de Carlota, a “capitana” Patri Dopico pica o balón ante a saída da porteira e marca. Semellaba que o marcador ía quedar así pero no 88´ Silvia recibe un balón libre de marca e consigue a igualada.
En definitiva, dous puntos que se escapan do Campo do Poboado, e meritoria igualada dun equipo que xogou 90 minutos con dúas menos, e para nada se encerrou atrás senón que buscou a victoria en todo momento, dando unha lección de fútbol.
Ademáis, por parte local, lesións de Candela, Cris e Sara, mala noticia para un conxunto que xa de por si anda bastante xusto de efectivos.
3 CD As Pontes. Leti; Yaiza, Jani, Silvia, Cris (Paula 45´); Andrea, Lara (Mar 70´), Clara (Sara 59´) Carlota; Candela (Patri Dopico 42´), Paty Blanco (Laura 59´).
3 Santa Minia Brión. Belén, María, Fati, Silvia, Leti, Vane, Roibás, Sonia, Ali.
Goles: 1-0, Paty Blanco (14´), 2-0, Paty Blanco (17´), 2-1, Silvia (53´), 2-2, Roibás (69´), 3-2, Patri Dopico (80´), 3-3, Silvia (88´).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. 50 espectadores en tarde chuviosa.
Árbitro: Salgado Paz (Ferrol). Cartón amarelo á visitante Silvia.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina
Segunda Autonómica Feminina

También podría gustarte
Comentarios