Amigus
As Pontes

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 2 TORDOIA 2

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes feminino rematou hoxe a súa competición ligueira con un empate a 2-2 ante o sexto clasificado da Liga, o Tordoia, e remata a Liga en oitava posición con 10 triunfos, por 7 empates e 7 derrotas, 53 goles a favor por 26 en contra.
Moi positivo se pode considerar o bagaxe ligueiro das de Salido que ó longo de toda a tempada tiveron baixas fundamentais e a carencia de unha atacante nata. A pesares de todo conseguiron sacar 37 puntos en 24 partidos.
feminina_001.jpg


Comezaba o encontro de hoxe co adn da camiseta azul durante esta tempada, a falta de puntería e os tiros ós postes, así no minuto 3, Yaiza prantase soa e manda o balón ó pau, o seu posterior rexeite colleo Carlota e o seu disparo e despexado hacia atrás pola gardamallas visitante, que rectifica sobre a mesma liña de gol.
Pouco despois cumpríase unha lóxica que soe mandar no fútbol feminino, i é que maioría dos balóns fortes e por alto acaban dentro da portería e asi o amosaron a xogadora da galega sub18 Lara tras un lanzamento de falta (8´) e Tania tras recoller un rexeite dentro da área (15´) que poñían o resultado moi costa arriba e ademáis as visitantes seguían chegando con perigo.
Sen embargo no 28´ recurtou distancias Noelia, tralo habitual saque de córner entre Jani e Carlota a xogadora de San Sadurniño fai un quiebro a unha defensa, e case sen ángulo o seu tiro colocado bateu na parte interna do poste e acabou entrando. Todo un golazo.
Na segunda metade tivo outra gran ocasión Yaiza, que cabeceou e a porteira in extremis enviou o balón a córner (54´). Definitivamente Yaiza puidose resarcir, e tras un barullo o balón escapaselle á gardamallas visitante e Yaiza a porta baleira e coa punteira marcaba o 2-2 (63´).
O infortunio cebouse coas azuis nos últimos minutos xa que se lesionaron dúas pezas claves como Mireia e Lara e no derradeiro tramo houbo certos desaxustes defensivos, con dúas ocasións visitantes que marcharon por alto e a máis clara no 83´ tras un gran disparo que petou no longueiro, deu na liña, volveu ó longueiro, e saiu fora. Unha das contadas ocasións no que vai de ano na que os postes benefician ó equipo azul, anque neste caso compensaba o do primeiro tempo.
Non houbo tempo para máis e as de Salido salvan un punto ante un gran equipo que mellorou moito nos últimos anos.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Yaiza, Andrea Pita (Alba Romero 84´), Jani, Silvia, Lara (Laura Permuy 81´), Lía (Patri Rochela 62´), Clara (Chipy 53´), Noelia, Carlota, Mireia (Carmela 79´).
Tordoia. Tania González, Lidia (Cristel 45´), Ana, Irene, María, Leti, Laura (Leticia 45´), Lara, Raña, Selenia, Tania Fariña.
Goles: 0-1, Lara (8´), 0-2, Tania (15´), 1-2, Noelia (28´). 2-2, Yaiza (63´).
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Máis de 100 espectadores en tarde fría e soleada. Partido correspondente á 26ª e derradeira xornada de Liga.
Árbitro: Francisco García Rodríguez (Ferrol).
SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA 2012
1ª Volta
As Pontes-Monte Forte-1-0 (Carlota)
Orzán C-As Pontes-0-4 (Jani 2, Carlota, Clara)
As Pontes-Atlético Melide-1-2 (Lau)
Dubra-As Pontes-5-1 (Carlota)
As Pontes-Chantada-8-0 (Carlota 2, Clara 2, Chipy 2, Mireia, Noelia)
Villestro-As Pontes-1-1 (Noelia)
As Pontes-Silleda-4-0 (Alba B, Carlota, Nato, propia meta)
Pastoriza-As Pontes-0-0
As Pontes-Milagrosa-1-2 (Noelia)
San Tirso-As Pontes-1-4 (Noelia 2, Lau 2)
As Pontes-Rúa-1-0 (Alba B)
Tordoia-As Pontes-1-0
2ª Volta
Monte Forte-As Pontes-4-0
As Pontes-Orzan C-6-0 (Silvia, Noelia, Mireia, Carlota, Clara, Laura Permuy)
Atlético Melide-As Pontes-1-0
As Pontes-Dubra-0-0
Chantada-As Pontes-1-5 (Carlota 3, Jani 2)
As Pontes-Villestro-2-2 (Yaiza, Alba R)
Silleda-As Pontes-0-0
As Pontes-Pastoriza-1-1 (Carlota)
Milagrosa-As Pontes-2-1 (Yaiza)
As Pontes-San Tirso-4-1 (Alba B, Carlota, Yaiza, propia meta)
Rúa-As Pontes-0-6 (Clara, Lía, Yaiza, Carlota, Silvia, Patri Rochela)
As Pontes-Tordoia-2-2 (Noelia, Yaiza)
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
feminina_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios