Amigus
As Pontes

SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 2 – SDC PASTORIZA 1

Victoria traballada e sufrida do CD As Pontes feminino esta tarde ante o Pastoriza por 2 goles a 1. Nun partido con ocasións para ambos conxuntos adiantaronse as visitantes por medio de Olaya, pero rápidamente empataron as locais por medio da “capitana” Patri Dopico, que transforma un penalti tras man dentro da área. Xa cerca do final e cando xa se presumían as taboas no marcador, Paty Blanco, de corner directo (o ano pasado xa marcou un gol similar ante o Soutomaior) outorgaba a victoria e os tres puntos a un As Pontes que agora mesmo ocupa a quinta posición e despedirá a Liga dentro de dúas semanas na Pobra do Caramiñal ante o Crocha.


2 CD AS PONTES. Leti, Yaiza, Lara, Jani, Carliña (Paty Blanco 52´), Clara, Paula, Alba, Chipy (Silvia 62´), Carlota, Patri Dopico.
1 SDC PASTORIZA. Gema, Lorena, Begoña, Irene, Melanie, Alicia, Noemí, Noa, Cristina O., Selena, Olaya (Cristina C. 57´).
Goles: 0-1, minuto 36, Olaya. 1-1, minuto 38, Patri Dopico, de penalti. 2-1, minuto 80, Paty Blanco.
Árbitro: Alberto Martínez Míguez (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado.
Nova cortesía de Carliña e X.F.

También podría gustarte
Comentarios