SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – CD ALBENSE DON ULPIANO (6-2)

Vitoria do Esteo no pavillón da Fraga por 6-2, ante un dos mellores rivais da categoría, o Albense Don Ulpiano, de Alba de Tormes (Salamanca), que ademais chegaba a As Pontes con todo un Campión do Mundo coa selección española en 2004, Pipe, ex xogador de Salamanca, Torrejón, Azkar Lugo, Caja Segovia, Zamora e Granada. O propio adestrador visitante recoñeceu ó final do encontro a superioridade do equipo local.
Adiantáronse os ponteses por medio do ferrolán Héctor no primeiro tempo (8´), e aguantaron os ataques dos visitantes ata chegar ó descanso con vantaxe no marcador. Mellor non se podían poñer as cousas non segundos vinte minutos pois Fran facía o 2-0 nada máis sacar, pero pouco durou a ledicia pois Carlos recortaba co 2-1 pouco despois. Un par de minutos máis tarde Rober Paz facía un golazo polo escuadro, o perigoso Carlos estrelaba un balón no poste que podía ser o 3-2; pero, Gerardo, aproveitando unha indecisión visitante, facía o 4-1, que semellaba definitivo. Xa con porteiro xogador nos visitantes, Gerveno, aproveitando a ausencia de porteiro facía por alto o 5-1, e Fran de toque sutil redondeaba a goleada que maquillou a falta de 17 segundos outra vez Carlos.
Sensacionais tres puntos do cadro local que contaba con baixas como as de Rubi e Pelu, e só con nove xogadores habituais, máis os xuvenís Pablo, e Tucho, que debutou.
Entre a dureza da categoría e a mala sorte nalgúns partidos estaban afundidos na clasificación, pero abandona momentaneamente o cadro pontés unha das prazas de descenso, aínda que terá que seguir loitando moito. A vindeira semana xogarase a vida cun rival directo, o Ventorrillo da Coruña.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Fran, Héctor, Bolli, Rober Paz –cinco inicial- Ito, Diego, Gerardo, Gerveno, Tucho e Pablo.
ALBENSE DON ULPIANO: Azman, Chuchi, Pipe, Carlos, Dani Chino –cinco inicial- Óscar, Mini, Isaac, Pablo e Carlos.
ÁRBITROS: Roldán Pérez e Sierra Márquez, de Pontevedra, con Castro Villar (Vigo), na mesa. Amoestaron a Rober Paz, do Esteo, e a Chuchi e Mini, do Albense.
GOLES: Min 8 (1-0), Héctor. Min 21 (2-0), Fran. Min 23 (2-1), Carlos. Min 25 (3-1), Rober Paz. Min 32 (4-1), Gerardo. Min 34 (5-1), Gerveno. Min 36 (6-1), Fran. Min 40 (6-2), Carlos.
INCIDENCIAS: Partido de Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga, de As Pontes, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados, uns 250 espectadores nas gradas, notándose unha significativa presenza de seguidores de Alba de Tormes (Salamanca). Antes do inicio do partido houbo un acto reivindicativo contra a violencia de xénero.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de Xosé e Antón Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios