SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA: CD AS PONTES 1 ADC MONTE FORTE 2

Victoria merecida do equipo lucense por 1-2 no encontro disputado hoxe nunha mañá soleada e fría no Campo Anexo Jose.
O encontro foi unha mostra do que significa ter un nove e non telo, de poder dispoñer dun Falcao ou de non poder facelo, e amosou a desgracia que ten o equipo azul de que ano tras ano se lle vai xente, casualmente definitoria de medio pra arriba, hai brotes verdes como Vicky ou Paulita, pero aínda teñen que medrar.
Dos encontros contra os equipos ós que se gañan por grandes marcadores é difícil poder aprender e sacar conclusións, pero si nos partidos desputados como os de hoxe, e no segundo tempo adoeceu o equipo local dalgún erro que non se corrixiu, independentemente da calidade, as dúas dianteiras Moji e Perrus por veces estaban soas, sen cubrir, e moitas veces Silvia tiña que marcar ela soa a dúas rivais pola súa banda esquerda.
feminino_0001.jpg


Na primeira metade tivo mellores ocasións o cadro azul, Lía queda soa e tira frouxo (18´), e un tiro de Noe por riba do longueiro (22´), pero ós 32 minutos aproveitando un barullo na área marcou Moji, ratón de área.
O segundo tempo foi un festival de ocasións, no 47´ tras un perfecto pase en profundidade e mellor desmarque Moji queda soa pero tira cruzado. Un minuto despois, tras un córner, Silvia por dúas veces, pero chapa Ángeles.
Lía dentro da área, pero tira frouxo (59´). No 61´sensacional lanzamento de córner de Marian que se colaba pola escadra, pero Andrea despexa de cabeza. Tiro cruzado da mesma xogadora no 62´.
No 64´chegaba o empate tras un sensacional tiro de Noe de falta lateral que se lle colou por riba á gardamallas visitante.
Pero apenas uns segundos máis tarde Noe e Leti non se entenden nun despexe de balón, tropezan, e a dianteira visitante Perrus fai o máis compricado, tendo a porta baleira pra marcar, cede atrás pra unha compañeira, e Leti atenta consegue atallar.
No 69´ tras un pase de Marian está coa caña atenta Moji na área pequena pra mandar ó fondo das redes o 1-2.
De ahí ó final as azuis achegaronse con perigo pero sen crear grandes ocasións, algún destello de Carlota, e os arreóns de Mireia, pero si o fixeron as rivais que fixeron sudar a Leti e por riba lesionouse Noe Beckembauer nos últimos minutos. No 71´ Marian queda soa e Leti en dous tempos, no 82´ Moji e salva Leti, Marian no 83 tiro cruzado fora, Moji no 84´queda soa ante Leti e tira por alto, no 91´ante a mesma xogadora salva Leti.
O colexiado decretou o final e o cadro de Monforte sumou os tres puntos e situase con 13.
En definitiva, partido para curtirse, o As Pontes queda sexto con 12 puntos, catro vitorias en seis encontros, e o vindeiro fin de semana partido ante outro equipo que se estrea na categoría, CD Sar, e hai que ir a polos tres puntos.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
1 CD AS PONTES. Leti, Mireia, Silvia, Jani, Andrea, Noe (Vanesa 82´), Lía (Noelia 66´), Carla (Nato 66´), Yaiza (Paulita 66´), Carlota, Alba R (Vicky 54´).
2 ADC MONTE FORTE. Ángeles, Chester, Luci, Andrea, Divi, Rochi, Marian, Euge, Moji, Iria, Perrus. Andreina e Rili.
Goles: 0-1, Moji (32´). 1-1, Noe (64´), 1-2, Moji (69´).
Árbitro: Roberto Landrove (Ferrol). Amonestou a Mireia
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Uns 100 espectadores en mañá fría e soleada. Partido corrrespondnete á séptima xornada
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
feminino_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios