SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CIDADE DE NARÓN FUTSAL (0-6)

Un Cidade de Narón con máis oficio e experiencia na categoría levouse o derbi que o enfrontou ó Esteo no partido disputado este sábado no pavillón pontés da Fraga. O conxunto naronés tivo o control do xogo ó longo dos corenta minutos ante un Esteo que fixo o único que podía facer, defenderse dos continuos ataques dos naroneses e tratar de saír á contra. Os ponteses aguantaron ben nos primeiros dez minutos, pero a partir de aí os naroneses comezaron a lucir a súa superioridade que continuou ó resto do partido logrando facerse cos tres puntos cunha goleada. Un resultado que incluso puido ser máis avultado de non ser polas excelentes intervencións do meta pontés Chotto. Na primeira metade, por parte do Esteo tan só hai que salientar un disparo de Rubi que se foi fóra e unha vaselina de Pelu que saíu un pouco alto. Na segunda parte, moito máis dominio, control e claras ocasións do Cidade de Narón ante un impotente Esteo, que neste segundo período apenas saíu da súa parcela e non inquietou a porta defendida por Arriví, mentres que os visitantes si tiveron moitas e claras opcións para acadar un resultado que puido ser de escándalo. En definitiva, tres merecidos puntos para un superior Cidade de Narón, no que destacou o goleador Juve con catro tantos, ante un Esteo que terá que esforzarse moito se quere facer un bo papel nesta Segunda División B.
A próxima xornada, 19 de outubro, o Esteo visita ó Zamora e o Cidade de Narón recibe ó Espinar Arlequín de El Espinar (Segovia).
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Fran, Rubi, Rober –cinco inicial- Pelu, Diego, Gerveno, Héctor e Bolly.
CIDADE DE NARÓN: Arriví, Rober, Christian, Buján, Juve –cinco inicial- Josito, Ivancito, Jaco e Lito.
ÁRBITROS: Feliz Otero, Vilas López e Amparo Armada (mesa), da delegación de Ourense. Expulsaron a Rubi, por dobre amarela, a segunda por protestar estando no banquiño. Tamén amoestaron a Gerardo e Héctor, do Esteo, e Jaco e Rober, do Cidade de Narón.
GOLES: Min. 15 (0-1), Juve. Min. 16 (0-2), Juve. Min. 17 (0-3), Gerardo en propia porta. Min. 30 (0-4), Rober. Min. 34 (0-5), Juve. Min. 36 (0-6), Juve.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada de liga de Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia duns 250 afeccionados, con presenza de numerosos seguidores de Narón.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios