SEGUNDA REXIONAL. CD AS PONTES-VALDOVIÑO SD-1-1. RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Reparto de puntos no encontro disputado hoxe no Campo anexo Jose entre o As Pontes e o Valdoviño en partido correspondente á segunda xornada.
Chegaba o Valdoviño despois de perder no primeiro encontro fronte ó Barallobre (1-4) e o As Pontes tras vencer a domicilio ó Mandiá (1-2).
Antes do remate da primeira metade adiantaronse os visitantes nun xarro de auga fría para a parroquia local, tralo tanto do capitán Raúl tras un forte disparo dende fóra da área que entrou tras petar no poste (45´).
No segundo tempo o As Pontes empatou tras un xogadón de Fernando por banda esquerda que sirve en bandexa para que marque Borja (55´). A ocasión máis clara da victoria tivo lugar no 68´ cando Xabi Pellón quedou so ante a saída do porteiro e o posterior rexeite deste é rematado por Borja e un defensa salva baixo paus cando o balón estaba a piques de entrar.
Outras ocasións foron para o mesmo Borja de cabeza no 48´ e unha falta que salvou in extremis Pita preto do final do encontro (90´). Os visitantes tamén tiveron alguna que outra aproximación pero sin crear moito perigo.
A semana que vén o segundo equipo do As Pontes dirixido por Calpita visitará ó Cultural Maniños.
aspontes_valdovino_01.jpg


1 CD AS PONTES. Juan, Antón, Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín (Iván 68´), Guille (Danilo 51´), Hugo, Borja, Junior e Fernando (Xabi Pellón 62´).
1 VALDOVIÑO SD. Pita, Steven, Kevin, Gorka (Cristian 73´), Simón, Nano, Peta (Pablo 61´), Esteban, Ángel, Félix, Raúl.
Árbitro: Landrove Lago (Ferrol). Amonestou a Antón, Mourín, Gorka, Simón Esteban e Ángel.
Goles: 0-1, Raúl (45´), 1-1, Borja (55´).
A destacar a importantísima victoria a domicilio do As Pontes na casa do ex líder Vilalbés por 1 gol a 2, chegaron a ir 0-2 os azuis, pero acurtaron distancias os lucenses nos últimos minutos co que houbo suspense ata o final, pero acabaron sumando os primeiros tres puntos para o conxunto de Lemos que o próximo domingo recibirá ó perigoso filial deportivista. Son decimocuartos.
Xeniais noticias nos chegan dende A Coruña onde o equipo feminino sumou a súa segunda victoria consecutiva, tras gañar por 0-4 ó Orzán C. A inconmensurable capitana Jani meteu dous tantos, un de libre indirecto e outro dende case medio do campo nun dos goles da tempada. Carlota libre de marca e a retornada Clara coa punteira sentenciaron os tres puntos dun As Pontes que xa suma seis en dous encontros. Xogou Salido con Leti (Alba 85´), Yaiza, Andrea Pita, Jani (Candela 65´), Noelia, Lara (Nato 84), Lía, Chipy (Alba Barro 45´), Carmela, Carlota, Carla (Clara 65´) no encontro disputado no campo da Torre e arbitrado polo colexiado da delegación de A Coruña Jose María Carro Moreira (Xentileza de Carla).
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
aspontes_valdovino_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios