SEGUNDA REXIONAL. CD AS PONTES B 1 UD SOMOZAS B 1

Reparto de puntos no partido xogado na tarde de hoxe e que contou con gran afluencia de público, de afeccionados dos dous bandos, correspondente á cuarta xornada ligueira.
Antes do remate da primeira metade Hugo Cascudo adiantaba ós ponteses.
No segundo tempo, ó pouco de comezar puido marcar o As Pontes (50´) nunha ocasión clarísima, peron en senllos remates de Borja e Junior, o longueiro e os defensas baixo paus salvaron o 2-0, nunha xogada moi parecida á do encontro co Valdoviño.
Puxeron moitas gañas e moito impetu por marcar e conseguir algún punto os visitantes anque non se achegaron con excesivo perigo, pero si a través de moitas faltas concedidas ó borde da área.
Preto do final puido sentenciar Púas pero o seu tiro ante a saída de Diego saiu desviado por pouco (88´).
Sen embargo, xa no final, moitos nervios defensivos locais concederon dúas grandes ocasións ó dianteiro visitante e tamén capitán Santi, a primeira saiu desviada, pero a segunda, pese á intervención de Juan acabou no fondo das mallas logrando os vistantes un empate merecido polo tesón amosado no segundo tempo.
Resaltar como anécdota o derbi sofrido hoxe na familia Antón Fernández, entre os irmáns Héctor e Alex, o primeiro no Somozas e o segundo capitán pontés.
Nos outros encontros da xornada o cadro de Lemos perdeu 1-0 en Betanzos e as cativas de Salido caeron na casa do “gallito” e recén descendido Dubra por 5 a 1, os 5 goles da mesma xogadora e polo cadro azul marcou Carlota que tamén enviou un tiro ó poste.
aspontes_somozas-01.jpg


1 CD As Pontes. Juan, Antón (Fernando 45´), Alex Antón, Carlos, Fran, Mourín (Donapetry 61´), Adrián Criado (Guille 52´), Hugo (Danilo 45´), Púas, Junior e Borja.
1 UD Somozas. Diego, Jacinto, Piñón, Quique (Lorenzo 70´), Toni, Héctor (Aitor 78´), Diego, Chicho (Alonso 45´), Santi, Martínez e Toni (Junior 45´).
Goles: 1-0, Hugo (40´), 1-1, Santi (91´)
Árbitro: Iago Veiga (Ferrol) Expulsou a Héctor, estando este no banquiño.
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Máis de 200 espectadores en tarde moi soleada.
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
aspontes_somozas-01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios