Amigus
As Pontes

SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 4 SD BARALLOBRE 1

Victoria do segundo equipo pontés dirixido por Iván Rodríguez ante un rival directo como o Barallobre por 4-1, no encontro desputado hoxe á tarde no Campo de O Poboado, o que deixa ós azuis con 28 puntos, ascendendo á 13ª posición, á espera de que xoguen o domingo Neda, Somozas B e Narón BP B, pero garantizando que os de Fene estarán penúltimos seis puntos por debaixo ó finalizar a xornada, ademáis do derradeiro clasificado Valdoviño.
2rexional_001.jpg


Comezaron poñendose 2-0 os azuis gracias a un dobrete de Púas, con boas asistencias de Borja. No segundo tempo os visitantes meteron o medo no corpo gracias a un bo gol de tacón mediados os segundos 45 minutos. Incluso tivo dúas boas intervencións Juan.
Pero faltando dez minutos Fermín, que está a ser un gran revulsivo, vaise por banda e fai o pase da morte ó que Borja so ten que colocar o pe para enviar ó fondo das mallas, e xa co tempo case cumprido foi Adrián Criado quen se pranta ante o porteiro rival e o bate por baixo.
A falta de seis xornadas para o final o segundo equipo pontés, que sumou 9 dos 12 últimos puntos, ten que tentar seguir nesta liña, e o vindeiro domingo ten unha importante visita a un Galicia de Mugardos B que marcha 12º con 32 puntos.
Xogaron Juan, Xabi Pellón, Fernando, Carlos, Fran, Alex Antón, Borja, Guille, Fermín, Púas e Hugo Cascudo. Durante o transcurso do encontro saíron Alberto por Púas, Criado por Alex, Danilo por Borja, Hugo Gegúndez por Xabi e Alex por Juan.
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
2rexional_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios