SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 SCDR GALICIA DE CARANZA 1

Empate a 1 entre o segundo equipo pontés e o ata o de agora líder Galicia de Caranza. Reparto de puntos que deixa ós ferroláns terceiros con 14, a un de San Mateo e Miño, e ós azuis séptimos con 11.
Na primeira metade e tras unha bonita xogada adiantabase o As Pontes por medio de Púas (17´).
Xa na segunda parte, no minuto 65´ tivo unha ocasión pintada Msrcos Novo, pero o paradón sacandoa co pe a bocaxarro do gardamallas visitante recordou á de Pagliuca a Salinas.
Destacar un tiro cruzado de Jorge no 70´ que atalla Juan, e a pesar de que achuchaban os de Ferrol no 76´ Borja volveu ter outra cun cabezazo franco na área pequena tras saque de córner, pero o que son as cousas, na continuación da xogada, o dianteiro Penano, desde moita distancia, pillou un chisco adiantado a Juan e marcou pola escadra.
Antes de rematar o encontro, xa na prolongación, nun balón morto Borja de volea estivo a piques de outorgar os tres puntos pero o esférico saiu lamendo o pau longueiro.
Reparto de puntos e o As Pontes visitará a semana que ven ó Ortigueira.
segunda_001.jpg


Xogaron polos locais Juan, Hugo, Palas, Carlos, Cristian, Vilasuso, Ferreiro (Vicente 81´), Moya, Púas (Narciso 86´), Borja e Marcos. Polos visitantes JLuis, Kike (Iván 72´), Quillo, Israel, Rober (Isma 72´), Jorge, Pedro, Dani (Rafa 63´), Borjita, Penano, Juancho (Hugo 63´). Foi expulsado Penano por dobre amonestación uns segundos antes de que rematara o partido.
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
segunda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios