En situación crítica queda o segundo equipo pontés que xa está en posición de descenso directo ó situarse penúltimo trala súa derrota no día de hoxe e tralo resto de resultados da xornada.
Mellorou a imaxe con respecto á pasada fin de semana o filial pontés, non obstante segue nunha mala dinámica futbolística, amén das baixas e ausencias como as de Criado e Junior.
Na primeira metade resaltar dúas ocasións para ambos equipos.
No segundo tempo xa se foi impoñendo o equipo visitante co paso dos minutos, e a vinte minutos do final o dianteiro Berto tivo unha moi clara que sacou Juan milagrosamente.
O mesmo xogador non perdoou intres despois, xa que tras saque de falta, adiantouse ós defensas e empalou a gol sen deixar caer o balón.
Xa nos últimos minutos tras un riguroso penalti por man de Donapetry dentro da área sentenciaron os visitantes, o que os sitúa cuartos, pelexando polo ascenso á Primeira Autonómica.
O As Pontes terá que gañar si ou si o vindeiro fin de semana en Valdoviño contra o colista, equipo que, casualmente, despois de 15 xornadas sen gañar, hai tres meses, 4-1 a A Capela, hoxe gañou o seu segundo partido, 1-3 en Barallobre.
A clasificación actual na parte baixa queda comprimida con A Capela 18, Somozas B 17, Rápido de Neda 16, Barallobre 15, As Pontes 15 e Valdoviño 9.
Xogaron por parte do equipo de Calpita Juan, Xabi Pellón (Antón 58´), Alex Antón (Ismael Prieto 58´), Carlos, Fran, Juan Donapetry, Guille, Danilo (Hugo Gegundez 58´), Fernando, Púas e Borja.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.