Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA: FENDETESTAS RC 5 PONTEVEDRA RC 11

O Fendetestas morreu na beira no seu partido co líder, o Pontevedra R. C., e non puido confirmar a sorpresa que rozou todo o encontro, de infrinxirlle a primeira derrota ó equipo que marcha imbatido á fronte da táboa de Segunda.
O choque xogábase na parcela que marcaban os verdes, co balón en posesión da súa dianteira, que facía moito dano a un equipo visitante que non era quen de impoñer o seu ritmo diante da abafante presión dos da casa.
O primeiro ensaio chegaba logo de varias ocasións de quedar a metros da liña de marca, e nunha acción de melé, o paquete local fixo recuar ós pontevedreses para que o medio Huesy fixese a marca.
O Pontevedra R. C. optou entón por sacarse a presión con xogo ó pé, e tan só polo ar eran quen de meter o balón en campo dos da casa, se ben defendía máis lonxe da súa 22, e isto permitíulles agardar, sen grandes sobresaltos, a ocasión de poñer puntos ó pé. Foi cun golpe de castigo que deixaba o 5-3 ó descanso.
Na segunda metade descompúxose o Fendetestas coa lesión dos dous medios, que obrigou a improvisar postos e deixou á liña moi mermada.
Cada vez que a dianteira local cesaba no tremendo desgaste que realizou, os medios visitantes levaban o balón á última liña local, onde lles custaba volver recolocar a un equipo carente de refrentes na creación. Así chegou, nunha acción de contra, o ensaio visitante.
Malia que o oval seguíu a ser do Fendetestas, non foron quen de facer máis puntos, e sufriron outra conversión de golpe que puxo o 5-11 final. Aínda con este marcador, o Fendetestas, renunciou a xogar a paus, para acurtar distancias, e perseguiu un ensaio que lles puidese dar os catro puntos. Ao final tiveron que conformarse co punto do bonus defensivo.
rugby


Xogaron: Toño, Moncho, Sergio, Boiro, Rayito, Aleja, Pablo, Miguel, Huesy, Frecha, Antón, Martiño, Robert, Damián e Barrito. Logo entraron Borja, Iago, Darkas, Eros, e Alex.
Lidera o Pontevedra con 22 puntos, Muralla ten 20, Crat B 14, Bierzo e Santiago 11, Fendetestas 9, e pecha Vigo C con 1 punto.
Dentro dun par de semanas os verdes xogarán en A Coruña contra o Crat B a derradeira xornada da primeira volta.
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
rugby
Nova cortesía de Xose Cendán, Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios