Seis futbolistas ponteses xogarán mañá en Ferrol contra a selección de A Coruña

Seis futbolistas do CD As Pontes xogarán mañá no campo de A Gándara, no marco dos encontros pertencentes ó Trofeo Caixa Galicia, contra a selección de A Coruña, a gran favorita para enfrontarse na final á selección de Vigo.


A selección alevín sub12, da que forma parte Enrique Fornos, que onte adestrou coa selección galega, xogará mañá ás 16:30. Nos anteriores encontros Ferrol venceu a Lugo (3-2), Santiago (1-2) e perdeu en A Coruña (7-1).
A selección cadete sub15, da que forma parte Alex Cabarcos, xogará ás 17:00. Nos anteriores encontros derrotas de Ferrol ante Lugo (0-3), Santiago (3-1) e A Coruña (3-2).
A selección xuvenil sub17; na que están Borja Abeás, Chus Cañizares, Kiko González, e nesta ocasión tamén estará Juan Donapetry, que está a realizar unha gran campaña co equipo xuvenil de Liga Nacional; xogará mañá ás 17:00. Ata o de agora, empate ante Lugo (1-1), e derrotas ante Santiago (3-1) e A Coruña (5-1).
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios