Amigus
As Pontes

SEMIFINAIS. CR FENDETESTAS 77 – MAREANTES RC 3

O Fendetestas alcanza a gran final polo título

O Fendetestas pontés de Rugbi gañou este domingo á mañá a súa semifinal polo título con rotundidade ante o Mareantes de Pontevedra por 77-3, nun encontro que ao descanso xa marchaba 43-3.

Foron trece ensaios a cargo de Antonio (4), Óscar (3), Miguel (2), Joel (2), Ezequiel e Vladimir ante un cadro pontevedrés que aguantou con moita valentía os oitenta minutos con dous xogadores menos.

Xogaron Ezequiel, Edgardo, Pablo, Miguel Ángel, Anxo, Rafael, Joel, Claudio, Antonio, Senén, Iván, Miguel, David, Óscar, Roberto, entrando despois Vladimir, Carlos, Borja, Adrián e Antonio Manuel.

Non o terá doado o conxunto verde pois a gran final será contra o Lalín, que se desfixo por un apretado 13-10 do Santiago, e actuará de local na gran cita do día 20 que se disputará no Manuel Anxo Cortizo.

Nova cortesía Karlos Basoa

También podría gustarte
Comentarios