SEMIFINAL. CR FENDETESTAS – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO

O Fendetestas e o Zalaeta xóganse o ascenso no Campo do Poboado

O Fendetestas pontés xogase este sábado o ascenso á máxima categoría do rugbi galego, no Campo do Poboado, ás 17:30.

Enfróntase co Zalaeta de Arteixo, sendo ambos os dous mellores equipos da Liga. Os ponteses gañaron 14 encontros por unha soa derrota, na visita á Arteixo precisamente.

O Zalaeta pola súa parte gañou 11 encontros, e perdeu no Monte Medulio, e nas visitas a Santiago e Mareantes B. Tamén perdeu a domicilio ante o Vigo B, pero por incomparecencia.

FINAL PLAY OFF
CR FENDETESTAS – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO
Sábado 24 – Marzo – 2018 (17:30 h)
Campo do Poboado

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios