SERGIO OTERO DEBUTA CO PRIMEIRO EQUIPO DO RACING DE FERROL
O futbolista pontés estreouse onte coa camisola do primeiro equipo verde en Navarra.
O xogador xuvenil pontés de apenas 16 anos, Sergio Otero Pedre, debutou onte en Segunda División B co primeiro equipo do Racing de Ferrol.
Sergio é un xogador do gusto do novo adestrador dos ferroláns, Tena, pois xa foi convocado para o anterior partido na casa ante o Valladolid B que rematou 1-2 e no que estivo no banquiño, a pasada fin de semana.
No encontro de onte os verdes gañaron 1-2 en Pamplona ante o Osasuna B, tantos do ex xogador do Granada Dani Benítez, e Jose Cruz. O medio centro pontés saiu no minuto 92 en sustitución do mítico capitán Pablo Rey.
Sergio foi asiduo da selección galega sub16 a tempada pasada, e este ano xa foi convocado pola selección sub18 a pesar de ter un ano menos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro