Simón Cabarcos e Xoel González, seleccionados pra adestrar coa selección galega de fútbol de aficionados

A vila de As Pontes conta a día de hoxe con dúas minas importantes: a de carbón lignito, que está a piques de esgotarse, e a de bós xogadores de fútbol, que segue dando froitos cada ano que pasa. E é que o nivel dos futbolistas ponteses queda demostrado unha vez máis coa recente convocatoria prao adestramento coa selección galega de aficionados de dous veciños da vila: Simón Cabarcos (porteiro do Narón B.P.) e Xoel González (dianteiro do C.C.D. Cerceda).


Isto engadido ao logro do subcampionato mundial de fútbol sub-17 por parte de David Rochela coa selección española e ó debut en primeira división (Liga española) de Adrián López “Piscu” có Deportivo da Coruña, fai que o ano 2007 pase a ser un dos mellores futbolísticamente falando prao noso pobo, sen menosprezar fitos acadados anteriormente por outros futbolistas, deportistas e equipos ponteses.
A convocatoria completa da selección galega de fútbol é a seguinte:
Ordes S.D: Francisco J. Ríos, Álex Castro, Jesús, Dani Deza.
Coruxo F.C: Javi Millos, Josiño, David Campos, José C. Italiani Otero, Jonathan Antúnez.
Alondras C.F: Manuel Castilla, Rubén Comesaña.
Vilalonga C.F: Jorge Comesaña, Saúl Torres, Machu.
C.C.D. Cerceda: Javi Villar, Michi, Ramón Muíño, Xoel González, José Fuentes (“Josito”).
Narón B.P: Simón Cabarcos.
Montañeros B.G: Alberto Domínguez.
Arosa S.C: Fernando Fernández, Nelo.
Santa Comba C.F: Toño, Sergio Leis.
O adestramento levarase a cabo ás 16:00h do mércores día 17 de Outubro no Campo Municipal de Santa Isabel (Santiago de Compostela).
Información facilitada por José Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios