Amigus
As Pontes

Susana Castro acada a medalla de bronce no Campionato Galego de Inverno

A atleta pontesa Susana Castro Pena conseguiu esta fin de semana nos Campionatos Galegos Absolutos de Inverno disputados en A Coruña a medalla de bronce na proba de 800 metros lisos con 2:19:65, na que venceu Leticia Fernández (Academia Postal Ourense), plata para Miriam García (Pontevedra).
Susana tamén foi sexta en salto de altura con 1,41, proba gañada por Iria Abelleira (Ourense Academia Postal) e séptima nos 60 metros valados con 10:91, proba gañada por Virginia Villar (Alicante).
O equipo de Susana, o Ría de Ferrol-Concepción Arenal, gañou dúas probas, da man de Lidia Casal, que se impuxo nos 60 e 200 metros lisos. Tamén gañou Samuel Paz (Narón) en 200 lisos.
sussy.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios