A atleta pontesa Susana Castro Pena e o seu clube revalidaron esta fin de semana en Lugo o Campionato Galego de clubes ó sumar 149 puntos, por 136.5 do Ourense Academia Postal e 135 do Atlético Feminino Celta.
En homes, victoria do Ourense Academia Postal, que sumou 147 puntos, por 142.5 do SG Pontevedra e 140 do Real Clube Celta. O Sierra de Narón foi cuarto.
Susana obtivo 11 puntos para o seu equipo ó ser 5º en altura con 1:45, proba gañada por Paula Ferreiros, namentres que foi segunda nos 1500 metros lisos con 5:06:91, tan so superada por Leticia Fernández.
As probas disputaronse no estadio Gregorio Pérez Rivera na chuviosa tarde do sábado.
Nova cortesía de Xose Ferreiro