Teatro: EME 2 con MALICIA

Hoxe venres 17 de outubro ás 21 horas no Auditorio Municipal ALOVI
A actriz pontesa Mercedes Castro, creadora da compañía e distribuidora EME2 PRODUCCIÓNS, presenta mañá venres a súa última obra na que traballa como actriz xunto con Anabell Gago, baixo a dirección de Cristina Dominguez e cun texto de Paula Carballeira.


Alicia ten trinta anos. Hoxe vai a unha entrevista de traballo, unha das moitas que lle consegue Maica, a súa irmá dez anos maior ca ela. Mais a de hoxe non é unha entrevista calquera, Alicia está completamente convencida do seu triunfo trala recomendación da súa querida irmá despois dunha especial e entrañable festa de aniversario da Mamá…
Maica non está tan convencida. A festa de onte foi un desastre: seu home non pousou o móbil, os nenos non quixeron comer, a Mamá e Alicia deixárona de lado nas súas conversas, ademais, unha foto insignificante, regalo de Allicia, foi o centro de atención. Así que o único que fixo Maica foi comer, comer durante todo o convite de aniversario.
Maica e Alicia irmás, dúas caras da mesma moeda que viven en Galicia como poderían facelo noutro lugar do mundo, mulleres que mesmo poderían ser homes.
Unha divertida radiografía das relacións humanas contemporáneas: a familia, o traballo, as obsesións pola imaxe, o paro…
Cortesía: Departamento de Cultura do Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios