Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – SD COMPOSTELA 0

O As Pontes salva un punto ante a histórica Compostela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes rescatou un punto no seu encontro desta tarde no Campo de O Poboado ante o segundo clasificado Compostela. 

O partido non foi de moitas ocasións, e nunha primeira parte de dominio alterno, apenas cabe destacar o tramo final, no que tras un dubidoso gol anulado aos locais, víronse dúas boas intervencións de Liz, a disparo de Brais (39´), e un despexe a córner tras cabezazo de Antas (44´). Tamén Alex, e o xove Iván, moi ben hoxe, desbarataron dúas aproximacións. 

Na segunda parte foi algo máis a pola vitoria o cadro da capital galega aínda que como ocasión máis clara apuntar unha internada de Sanmartín por banda esquerda e o seu remate desvíao a córner Liz saíndo o balón un palmo por encima do traveseiro (61´). 

Pero o As Pontes, ao contrario doutros partidos, sen facer grandes florituras en ataque, estivo moito máis serio atrás, aguantou, e logrou salvar un meritorio empate ante un dos galos da categoría. 

Sétimo punto para os azuis, segundo en casa, para un As Pontes que abandona o faroliño, en mans da Polvorín cos mesmos puntos, pero que, penalizado por sumar apenas unha vitoria, o que menos, ve como os seus rivais pola salvación afástanse xornada tras xornada. 

E o calendario nas próximas semanas non acompaña. Próxima visita ao complicado Barco de Valdeorras. Quinto empate de ambos os equipos en O Poboado, ademais de cinco triunfos locais e nove visitantes. 

CD AS PONTES. Liz, Berto, Alex, Caridad (Sánchez 60´), Iván, Gonzalo (Fidi 68´), Quique, David García, Carlos, Cambón, Pardo. 

SD COMPOSTELA. Pato, Saro, Mon, Álvaro (Queiruga 70´), Soto, Samu, Sanmartín (Josiño 81´), Baleato, Abelenda, Antas, Palmas (Miki 60´).

Árbitro: Jose Luis Dávila Fernández (Vigo). Auxiliado por Rodríguez Barreira e Rodríguez Covelo. Amarelas a Iván, Gonzalo, David García, Carlos, Cambón, Pardo, Fidi, Mon e Baleato. 

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores. Partido retransmitido pola Tvg2.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios