TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – UD ATIOS 1

O As Pontes consigue empatar no último tramo ante o equipo do Porriño

O As Pontes rescatou un punto no seu duelo ante o Atios de Porriño poñendo fin a unha serie de catro derrotas consecutivas nesta liguiña de permanencia. 

Tras un primeiro tempo sen grandes ocasións, puxéronse por diante os visitantes trala reanudación, nunha xogada con posible falta ao central Pablo Fraga en que os vermellos se acaban facendo co balón e Mintegui regatea a Bugy e marca a porta baleira (47´). 

Facían o 0-1 os de Yago Yao, ex xogador que foi central de Celta, Sporting, Oviedo, Levante, Cádiz ou Huelva, e incluso o mesmo xogador Mintegui tivo o segundo nun remate dentro da área na xogada posterior que saíu lamendo o poste (48´). Subían liñas os locais e remataba Borja Pita desde fóra da área un tiro cruzado que marcha preto do pau (58´). 

Os azuis lograron o empate no último tramo do encontro tras un centro chut de Del Río desde banda dereita, que no intento de despexe o defensa desvía o balón cara á súa portería rubricando Dani sobre a mesma liña aínda que o esférico xa se colaba (71´). Xurariamos o seu 64º gol en Liga co primeiro equipo. 

Na xogada posterior se interna Artai por banda, cédella a Mitogo, este a Dani, pero salva o porteiro (72´). No último tramo entrou Óscar, e botando de menos ao Tanque de Ortigueira, con infructuosos intentos para ambos equipos remataba o encontro. Suman os locais, antepenúltimos, 20 puntos antes de recibir á UD Ourense.

CD As Pontes. Bugy, Pajaro, Mitogo, Fraga, Vilela (Pita 46´), Artai, Del Río (Óscar 75´), Moya, Adrián, Iñaki, Jandro (Dani 46´)

UD Atios. Diego, Cristian, Esteban, Manu, Sergio De Paz (Pacheco 87´), Toti, Xoel (Jony 66´), Odilo, Mintegui, Javi, Mouriño.

Árbitro: Martínez Barral (Santiago). Auxiliado por Fontes Mosquera e Fernández Ave. Amarelas a Adrián, Óscar e Mintegui.

Goles: 0-1, Mintegui (47´), 1-1, Dani (71´).

Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de cen espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios